Ten 1.075 anos, vive no norte de Grecia e, segundo os científicos, é a árbore "máis vella de Europa".
Trátase dun piñeiro bosníaco (Pinus heldreichii), cuxa idade lograron calcular contando os aneis que se forman no seu tronco cada ano, a medida que crece.
A súa supervivencia, segundo Paul J Krusic, o científico sueco responsable do seu achado, é "extraordinaria".
Cando apenas era unha semente, no ano 941, os viquingos habitaban polo norte de Europa.
E cando se fundou a lendaria Universidade de Oxford, en Reino Unido, xa tiña uns 250 anos.
"É bastante sorprendente que este organismo tan grande, complexo e impresionante sobrevivise tanto tempo nun ambiente tan inhóspito, nunha terra que foi civilizada por máis de 3.000 anos" dixo Krusic, quen é dendocronólogo: un experto en calcular a idade das árbores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario