SLIDER

viernes, 26 de agosto de 2016

O terremoto de Accumoli liberou tanta enerxía como a resultante da explosión de 1.270 toneladas de TNT



O terremoto rexistrado no centro de Italia de magnitude 6,2 mwp na escala de Magnitude de momento (para sismos ata 6,8 equivalente á Richter) liberou unha enerxía similar á explosión de 1.270 toneladas de TNT, segundo explicou o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) nun comunicado.

O Colexio de Xeólogos engadiu que un movemento sísmico desa magnitude pode causar graves danos en zonas poboadas nunha área de ata 160 quilómetros á redonda, como se pode comprobar polas imaxes da catástrofe.

O terremoto que se produciu ás 3:36 da madrugada, hora local, tiña o epicentro entre as localidades de Amatrice e Accumoli, dentro da rexión do Lazio, na zona central de Italia. Tan só a 50 quilómetros de distacia de L`Aquila, onde en abril de 2009 rexistrouse un terremoto de magnitude 6,9.

Os expertos do Colexio de Geólogos, para valorar a gravidade do sismo, utilizaron a escala Mercalli de intensidade, que mide cuantitativamente os efectos dun terremoto. Segundo os primeiros informes rexistrados polo Servizo Xeolóxico de Estados Unidos, o sismo desta madrugada alcanzaría unha intensidade de entre VII e VIII na escala Mercalli, o que indica danos leves en infraestruturas ben construídas e posibilidade de danos graves en estruturas vulnerables, como é o caso das construcións das poboacións próximas ao epicentro do sismo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario