SLIDER

domingo, 14 de agosto de 2016

A tormenta solar que estivo a piques de provocar unha guerra atómica


Foi o 23 de maio de 1967, en plena guerra fría entre Estados Unidos e a Unión Soviética. Varios radares de defensa norteamericanos, especialmente deseñados para detectar mísiles soviéticos en pleno voo, deixaron de funcionar ao mesmo tempo ese día, feito que foi interpretado como un bloqueo intencionado por parte do inimigo. O alto mando considerou o suceso como un acto de guerra e puxo toda unha frota de avións equipados con armas nucleares en estado de «lanzamento inmediato».

Pero a crise logrou evitarse. Afortunadamente para todos, as Forzas Aéreas norteamericanas xa dispoñían dun incipiente programa de observación solar, e déronse conta a tempo de que os radares de defensa bloqueáronse debido a unha gran labarada emitida polo Sol.

O «incidente» acaba de facerse público nun estudo publicado en «Space Weather» por parte dun grupo de físicos e antigos oficiais, xa retirados, das Forzas Aéreas norteamericanas. E no artigo descríbese con todo detalle o preto que estivo Estados Unidos de lanzar un ataque nuclear contra a Unión Soviética. Hoxe en día, toda unha frota de observatorios espaciais vixía ao Sol minuto a minuto, avisando de calquera labarada. Pero non era así nos anos sesenta do pasado século.


No hay comentarios:

Publicar un comentario