SLIDER

lunes, 1 de agosto de 2016

Descobren unha estraña criatura esférica no fondo do Pacífico


A tripulación do buque de exploración Nautilus, operado pola «Ocean Exploration Trust», de Robert Ballard, publicou un vídeo en Youtube do que podería ser o descubrimento dunha estraña criatura. Trátase dunha esfera morada coroada por pequenos puntos brancos e que ten un tamaño de entre cinco e seis centímetros, que foi atopada, para sorpresa dos investigadores, no fondo do Océano Pacífico, non moi lonxe da costa de Los Ángeles.




«Aínda estamos a traballar en identificar á especie cos nosos compañeiros do Museo de Zooloxía Comparada de Harvard, pero cremos que se trata dun pleurobranquio, un parente dos nudibranquios», explicaron os investigadores na súa canle de Youtube.







No hay comentarios:

Publicar un comentario