Investigadores da Escola Cockrell de Enxeñería da Universidade de Texas, en Austin, inventaron un novo material flexible capaz de converter en «intelixente» calquera xanela.
Cando se incorpora en xanelas, teitos solares ou mesmo superficies de vidro curvado, este novo material ten a capacidade de controlar a calor e a luz do sol. As súas virtudes serán expostas no número de setembro de Nature Materials. No proxecto colaboraron investigadores españois de Ikerbasque.
O avance da profesora Delia Milliron e o seu equipo é un novo proceso de baixa temperatura para revestir o novo material intelixente en plástico. Fai así que sexa máis fácil e máis barato de aplicar que os recubrimientos convencionais producidos directamente sobre o cristal en si.
O equipo desenvolveu un dispositivo electrocrómico flexible que, cunha pequena carga eléctrica (ao redor de 4 voltios), pode aclarar ou escurecer o material e controlar a transmisión da radiación do infravermello próximo que produce calor. Tales xanelas intelixentes representan un aforro nas facturas de refrixeración e calefacción para fogares e negocios.
O novo material electrocrómico, como o seu contraparte procesado a alta temperatura, ten unha estrutura amorfa, o que significa que os átomos carecen de calquera organización de longo alcance como se atoparía nun cristal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario