O seu nome é LUCA («Last Ultimate Common Ancestor», o último antepasado común) e é o organismo do que descendemos todos os seres vivos da Terra. Durante décadas, os investigadores trataron de determinar as características deste ser excepcional, e os mecanismos que lle permitiron "estrear" e propagar a vida tal e como a coñecemos.
Agora, e grazas a un estudo recentemente publicado por un equipo de investigadores alemáns en «Nature Microbiology», estamos máis preto que nunca de ter un «retrato xenético» de LUCA. Aínda que non todos están do todo convencidos da súa exactitude. Segundo o estudo, o noso primeiro antepasado foi un microorganismo moi simple e que probablemente viviu fai uns 4.000 millóns de anos xunto a unha cheminea hidrotermal no fondo dos primitivos océanos terrestres.
O «retrato» obtívose tras o estudo e clasificación sistemática de máis de seis millóns de xenes, dos que os investigadores extraeron os 355 que cren que puideron pertencer a LUCA. Os xenes, en efecto, cambian no tempo dunha forma que pode preveerse e calcularse, o que significa que comparar secuencias xenéticas de organismos viventes pode permitir aos científicos formular hipóteses sobre criaturas que non hai forma de estudar directamente.
Os 355 xenes suxiren que LUCA foi un organismo moi simple que podía sobrevivir sen osíxeno, obtendo enerxía a partir do dióxido de carbono, hidróxeno e outros gases quentes expulsados pola Terra a través de fisuras na cortiza terrestre no fondo do océano. LUCA, ademais, posuía unha encima que lle permitía sobrevivir a temperaturas moi elevadas, mesmo de varios centos de graos, e que a facía dependente dos elementos metálicos, como o ferro. Organismos parecidos abundan aínda na actualidade, e resulta curioso pensar que a súa existencia considerábase imposible ata fai apenas corenta anos, cando aínda se pensaba que todas as formas de vida necesitaban luz e osíxeno para sobrevivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario