A hipótese é pouco realista, pero se a Terra deixase de virar o primeiro efecto sería o fin dos días e as noites. Os días xa non serían de 24 horas, senón dun ano. Os cambios climáticos, ademais, arrasarían o planeta. Pero non é todo. A distribución xeográfica das masas continentais e oceánicas sería diferente.
Sen a forza centrífuga derivada do movemento de rotación, quedaría a forza de gravitación, o que xeraría unha redistribución da gravidade que alteraría o equilibrio dos océanos. Na nova Terra formaríanse dous enormes océanos ao redor dos polos, separados por un único 'continente sobre a liña ecuatorial'. Rexións enteiras serían alagadas. En Europa, só España, Grecia e o sur de Italia emerxerían das augas. A montaña máis alta da Terra sería entón o volcán do Chimborazo, en Ecuador, que actualmente é o punto máis afastado do centro da Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario