SLIDER

domingo, 23 de abril de 2017

A incrible estratexia da rata topo espida para vivir sen aire 18 minutos



Sen pelo, cega e dentuda, a rata topo espida non destaca precisamente polo seu agradable aspecto, pero este animal procedente do leste de África é practicamente indestructible. 
Ten unha extraordinaria resistencia ao cancro, unha lonxevidade impresionante -pode vivir ata 30 anos, todo un récord para un roedor- e é inmune a moitos tipos de dor, como o que provoca unha queimadura. 
Ademais, habita en túneles subterráneos apenas sen aire, onde soportan 18 minutos sen osíxeno. Como llas arranxa para sobrevivir nesas condicións extremas, nas que un ser humano non resistiría nin cinco minutos antes de morrer? Un equipo internacional de científicos cre ter a resposta e é tan incrible como as propias ratas.


Segundo explican na revista Science, privadas de osíxeno, as ratas topo, do tamaño dun dedo, empregan a mesma estratexia que as plantas: sobrevivir a partir do metabolismo da fructosa. Este descubrimento non só permite coñecer mellor a este «animal milagre», senón que, segundo os investigadores, pode conducir ao desenvolvemento de tratamentos para pacientes que sofren crises por falta de osíxeno, como ocorre nos ataques cardíacos e accidentes cerebrovasculares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario