Unha investigación que se acaba de publicar en  Nature e que foi realizada por científicos da Universidade de  California en  Berkeley (EE. UU.) revelou que centenares de bacterias da  microbiota intestinal son capaces de producir electricidade. 
Ata agora atopouse  microbios con esta capacidade en ambientes  anóxicos (con ausencia de osíxeno), como minas e sedimentos de lagos, pero nunca no intestino. 
En concreto, os científicos descubriron un novo mecanismo para producir unha corrente eléctrica e que é usado por  microbios como  lactobacilos,  estreptococos e  patógenos causantes de diarrea ( Listeria  monocytogenes),  gangrena ( Clostridium  perfringens) ou infeccións hospitalarias ( Enterococcus  faecalis)...ler máis.




 
No hay comentarios:
Publicar un comentario