SLIDER

sábado, 8 de septiembre de 2018

Para que serve secuenciar un xenoma



A mediados de agosto publicouse a secuencia completa do xenoma do trigo, un cereal que proporciona aos humanos una de cada cinco calorías que consomen, e hai unha semana anunciouse a da adormidera, unha planta esencial para producir fármacos contra as dores máis insoportables. 

Con informacións como a que obteñen estes proxectos, científicos de todo o mundo tratan de desentrañar os segredos dos mecanismos biolóxicos de plantas e animais para reforzar os trazos que resultan máis interesantes ou atenuar os indeseados. A tarefa poucas veces é tan simple como identificar un xene responsable dunha característica para potenciala ou apagala.


Por ese motivo, o coñecemento de xenomas completos de plantas tan útiles como o arroz ou de animais como a vaca, non ilumina un número determinado de teclas que pulsar. “O que obtemos son as probabilidades de que unha mutación estea asociada a un determinado carácter. 

Coa información do xenoma tes uns datos que procesas e con iso obtés un mapa estatístico que che di que animal pode ser mellor que outro no que se refire a uns trazos, pero é unha cuestión de probabilidades”, asegura Miguel Pérez Enciso, profesor ICREA na Universidade Autónoma de Barcelona ( UAB). “Hai unha confusión na opinión pública respecto do que se modifica, que non son xenes concretos senón as súas frecuencias”, remacha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario