Os dejo el 5º Boletín del curso para Física de 4º de ESO. Se trata del boletín correspondiente al estudio del Tema de Energía, Trabajo y Calor.
lunes, 9 de abril de 2012
Preguntas de Exame. Tema 8 Bioloxía 4º ESO - Historia da Terra
Déixovos as preguntas sobre os apuntes da Historia da Terra dentro do estudo do Tema 8 de Bioloxía 4º de ESO.
martes, 3 de abril de 2012
2012 podería marcar un novo record no número de incendios en España
![]() |
| Un bombeiro traballa nos labores de extinción do lume en Lamelas, preto da Capela. |
- En España arde cada ano unha media de 150.000 hectáreas, nuns 21.000 incendios que teñen un custo de 1.800 millóns de euros.
- Só levamos catro meses dende que comezou 2012 e os primeiros datos xa cuadriplican aos que se rexistraron hai un ano, todo fai prever que o verán vai ser terrorífico.
A maioría destes incendios prodúcense durante o verán, pero este ano parece que se adiantaron.
Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais denuncian que se recortou moito presuposto en materia de prevención algo que consideran moi importante xa que segundo sinalan...ler máis.
Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais denuncian que se recortou moito presuposto en materia de prevención algo que consideran moi importante xa que segundo sinalan...ler máis.
O cranio de Dinosauro máis grande de Europa
A Fundación Conxunto Paleontolóxico de Teruel-Dinópolis presentou hoxe o cranio do dinosauro máis grande de Europa, o Turiasaurus Riodevensis.
Trátase da peza máis relevante que recuperou e permite completar o esqueleto do chamado 'Xigante Europeo'.
Este cranio é un dos tres únicos que existen en todo o mundo deste tipo de dinosauros xa que son extremadamente fráxiles e rara vez se conservan.
Non obstante, nesta ocasión, púidose recuperar información do 70% do cranio de Turiasaurus.
domingo, 1 de abril de 2012
Foto National Geographic
Fotografía de Sigurdur Hrafn Stefnisson.
Raios e cinza sobre o volcán islandés Eyjafjallajökull que paralizou o tráfico aéreo durante varias semanas na primavera de 2010. Estas "tormentas sucias" pode acontecer cando as partículas de rocha e xeo desatadas pola explosión de magma chocan na atmosfera.
Os Ollos, por: Tres14
"Durante moito tempo pensouse que o ollo era tan extraordinario que non podía ser froito da evolución xenética. Cría que era case un milagre. Mesmo Darwin dixo unha vez que a complexidade do ollo lle daba calafríos.
Hoxe grazas á xenética sabemos que os primeiros animais con ollos apareceron hai 500 millóns de anos e que os primeiros ollos eran simples mecanismos que diferenciaban só a luz da escuridade. Máis tarde, cos primeiros vertebrados, apareceu o cristalino, a lente capaz de enfocar a luz e facer que os ollos poidan crear imaxes. A evolución levou as aves de presa a ver a luz ultravioleta e aos lagartos a adaptarse á luz do deserto.
Pero todos estes ollos, mesmo os nosos, son variacións dun mesmo ollo primario."
O Programa de TV de La2, "tres14" fálanos desto todo e ademáis entrevista á Doutora Elena Barraquer, oftalmóloga e subdirectora do Centro de Oftalmoloxía Barraquer en Barcelona, que nos explica que sabemos hoxe dos nosos ollos e como avanzaron as técnicas para corrixir os seus defectos e enfermidades.
Para ver a reportaxe PICA na foto.
Os Dinosauros, por: Tres14 (TV)
"Os dinosauros son os maiores animais que viviron sobre a Terra. Non obstante, non todos eran xigantes; algúns apenas tiñan o tamaño dunha galiña.
En 2003 apareceron en Teruel restos fósiles do maior dinosauro encontrado en Europa: o turiasaurios riodevensis. Calculouse que medía 30 metros e pesaba 40 toneladas.
Paleontólogos como José Luis Sanz e Francisco Ortega, fálannos dos depósitos máis importantes da península e Angel Galobart e Bernat Vila fálannos do uso de técnicas láser para localizar pegadas e fósiles..."
Este á o argumento central desta reportaxe feita polo equipo do programa de televisión de La2, "Tres14", sobre o que sabemos sobre os dinosauros na actualidade, especialmente dos descubertos na Península Ibérica.
Moi recomendable.
Para ver a reportaxe, PICA na foto.
Microvida. Máis alá do ollo humano
O pequeno e invisible convértese nun espectáculo xigante. Unha exposición en Madrid, patrocinada pola Obra Social "La Caixa", demóstranos que o máis pequeno e inapreciable para o ollo humano, pode cobrar vida e mostrarse como algo xigante e case terrorífico.
A exposición baséase na magnífica obra gráfica do fotógrafo e biólogo Rubén Duro, que explorou o mundo microscópico mediante a técnica do campo escuro, obtendo imaxes esteticamente conmovedoras de individuos sorprendentes.
Micro vida. Máis alá do ollo humano é unha mostra científica, divulgativa e moi interactiva, que nun espazo de 800 m2 mostra ao visitante a importancia dos microscopios e a microscopía científica para o estudo e a observación da natureza cando é imposible de ver a simple vista.
VideoNoticia

Más vídeos en Antena3
"A Hora do Planeta"
O mundo apaga as súas luces durante 60 minutos pola "Hora do Planeta".
Unha onda de escuridade percorre a terra: 135 países sumáronse á 'Hora do Planeta'.
Foron 60 minutos de apagamento cos que se pretende concienciar sobre o cambio climático. Entre as 20.30 h e as 21.30 h hora local, as principais cidades do mundo apagaron os seus monumentos máis emblemáticos na "Hora do Planeta".
A INICIATIVA ARRANCOU EN 2007 .

VideoNoticia:
Más vídeos en Antena3
Suscribirse a:
Entradas (Atom)