SLIDER

lunes, 9 de abril de 2012

Boletín Nº 5 Física 4º ESO. Energía, Trabajo y Calor

Os dejo el 5º Boletín del curso para Física de 4º de ESO. Se trata del boletín correspondiente al estudio del Tema de Energía, Trabajo y Calor.


Preguntas de Exame. Tema 8 Bioloxía 4º ESO - Historia da Terra

Déixovos as preguntas sobre os apuntes da Historia da Terra dentro do estudo do Tema 8 de Bioloxía 4º de ESO.


martes, 3 de abril de 2012

2012 podería marcar un novo record no número de incendios en España

Un bombeiro traballa nos labores de extinción do lume en Lamelas, preto da Capela.
  • En España arde cada ano unha media de 150.000 hectáreas, nuns 21.000 incendios que teñen un custo de 1.800 millóns de euros.
  • Só levamos catro meses dende que comezou 2012 e os primeiros datos xa cuadriplican aos que se rexistraron hai un ano, todo fai prever que o verán vai ser terrorífico. 
A persistencia da seca, con chans moi resecos pola escaseza de chuvias provocou que se disparen os incendios forestais nos últimos días en Galicia, Asturias e Cantabria. 
A maioría destes incendios prodúcense durante o verán, pero este ano parece que se adiantaron.

Dende o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais denuncian que se recortou moito presuposto en materia de prevención algo que consideran moi importante xa que segundo sinalan...ler máis



O Máis GRANDE...o máis pequeno

Cal foi o Dinosauro máis grande?.E o máis pequeno?. 


DESCÓBREO:


O cranio de Dinosauro máis grande de Europa



A Fundación Conxunto Paleontolóxico de Teruel-Dinópolis presentou hoxe o cranio do dinosauro máis grande de Europa, o Turiasaurus Riodevensis

Trátase da peza máis relevante que recuperou e permite completar o esqueleto do chamado 'Xigante Europeo'. 
Este cranio é un dos tres únicos que existen en todo o mundo deste tipo de dinosauros xa que son extremadamente fráxiles e rara vez se conservan. 
Non obstante, nesta ocasión, púidose recuperar información do 70% do cranio de Turiasaurus.

domingo, 1 de abril de 2012

Foto National Geographic


Fotografía de Sigurdur Hrafn Stefnisson.

Raios e cinza sobre o volcán islandés Eyjafjallajökull que paralizou o tráfico aéreo durante varias semanas na primavera de 2010. Estas "tormentas sucias" pode acontecer cando as partículas de rocha e xeo desatadas pola explosión de magma chocan na atmosfera.

Os Ollos, por: Tres14



"Durante moito tempo pensouse que o ollo era tan extraordinario que non podía ser froito da evolución xenética. Cría que era case un milagre. Mesmo Darwin dixo unha vez que a complexidade do ollo lle daba calafríos.

Hoxe grazas á xenética sabemos que os primeiros animais con ollos apareceron hai 500 millóns de anos e que os primeiros ollos eran simples mecanismos que diferenciaban só a luz da escuridade. Máis tarde, cos primeiros vertebrados, apareceu o cristalino, a lente capaz de enfocar a luz e facer que os ollos poidan crear imaxes. A evolución levou as aves de presa a ver a luz ultravioleta e aos lagartos a adaptarse á luz do deserto.

Pero todos estes ollos, mesmo os nosos, son variacións dun mesmo ollo primario."


O Programa de TV de La2, "tres14" fálanos desto todo e ademáis entrevista á Doutora Elena Barraquer, oftalmóloga e subdirectora do Centro de Oftalmoloxía Barraquer en Barcelona, que nos explica que sabemos hoxe dos nosos ollos e como avanzaron as técnicas para corrixir os seus defectos e enfermidades.

Para ver a reportaxe PICA na foto.








Os Dinosauros, por: Tres14 (TV)



"Os dinosauros son os maiores animais que viviron sobre a Terra. Non obstante, non todos eran xigantes; algúns apenas tiñan o tamaño dunha galiña.

En 2003 apareceron en Teruel restos fósiles do maior dinosauro encontrado en Europa: o turiasaurios riodevensis. Calculouse que medía 30 metros e pesaba 40 toneladas.

Paleontólogos como
José Luis Sanz e Francisco Ortega, fálannos dos depósitos máis importantes da península e Angel Galobart e Bernat Vila fálannos do uso de técnicas láser para localizar pegadas e fósiles..."



Este á o argumento central desta reportaxe feita polo equipo do programa de televisión de La2, "Tres14", sobre o que sabemos sobre os dinosauros na actualidade, especialmente dos descubertos na Península Ibérica.
Moi recomendable. 
Para ver a reportaxe, PICA na foto.


Microvida. Máis alá do ollo humano

O pequeno e invisible convértese nun espectáculo xigante. Unha exposición en Madrid, patrocinada pola Obra Social "La Caixa", demóstranos que o máis pequeno e inapreciable para o ollo humano, pode cobrar vida e mostrarse como algo xigante e case terrorífico.

A exposición baséase na magnífica obra gráfica do fotógrafo e biólogo Rubén Duro, que explorou o mundo microscópico mediante a técnica do campo escuro, obtendo imaxes esteticamente conmovedoras de individuos sorprendentes.

Micro vida. Máis alá do ollo humano é unha mostra científica, divulgativa e moi interactiva, que nun espazo de 800 m2 mostra ao visitante a importancia dos microscopios e a microscopía científica para o estudo e a observación da natureza cando é imposible de ver a simple vista.


VideoNoticia





Más vídeos en Antena3

"A Hora do Planeta"

O mundo apaga as súas luces durante 60 minutos pola "Hora do Planeta".
A INICIATIVA ARRANCOU EN 2007 .


Unha onda de escuridade percorre a terra: 135 países sumáronse á 'Hora do Planeta'.
Foron 60 minutos de apagamento cos que se pretende concienciar sobre o cambio climático. Entre as 20.30 h e as 21.30 h hora local, as principais cidades do mundo apagaron os seus monumentos máis emblemáticos na "Hora do Planeta".

VideoNoticia:




Más vídeos en Antena3