SLIDER

miércoles, 19 de septiembre de 2012

O Corpo Humano

Comezamos en 3º de ESO o estudo Tema 1, explicando a composición do corpo humano, asi como a súa complexa estrutura interna.

Como presentación do Tema déixovos este vídeo onde nos presentan o corpo humano en cifras...


martes, 18 de septiembre de 2012

Aplicación TIC "Xeodinámica Interna"



Ao comezo do Tema 1 de Bioloxía e Xeoloxía en 4º de ESO, correspondente á Tectónica de Placas, estudamos a estructura interna do noso planeta, coas distintas capas que conforman o interior do Planeta.

Como recurso TIC, que vos pode axudar a comprender mellor os conceptos explicados, déixovos un enlace que vos dirixirà a unha páxina web, onde  atoparedes animacións, textos e debuxos explicativos de fenómenos xeolóxicos internos.

Espero que vos axude... ENLACE (pica aquí).


jueves, 13 de septiembre de 2012

Nova York prohíbe a venta de refrescos xigantes



A Xunta de Saúde de Nova York aprobou hoxe a proposta do alcalde da cidade, Michael Bloomberg, de prohibir a venda de refrescos e bebidas azucradas de gran tamaño en restaurantes, cines, carriños na rúa e outros establecementos para loitar contra a obesidade.

Os responsables de sanidade da cidade aprobaron, por oito votos a favor e unha abstención, o veto á comercialización dos refrescos en envases superiores ás 16 onzas (464 mililitros) na Gran Mazá, un plan que desvelou Bloomberg hai menos de catro meses e que entrará en vigor en marzo do ano que vén.

O Departamento de Saúde da cidade desvelou o xoves que ata agora recibira un total de...ler máis.

Dez Misterios da Ciencia sen Resolver



Existe unha lista dos dez misterios mais importantes para a ciencia moderna. 
Por exemplo: De que está feita a realidade?. Como funciona o efecto placebo?. O sinal WOW?... se queres saber en consisten e calos son os restantes da lista, pica aquí.


Imaxes do mundo microscópico



As fotografías do máis pequeno revélannos un mundo fascinante que non podemos ver a simple vista.

Se picas na imaxe, accederás a unha galería das mellores imaxes do mundo Microscópico.


Por que os días da semana teñen a orde que teñen?



A explicación da orde actual dos nomes dos días é mérito de Dio Cassius, un historiador cristián do século III
Segundo Cassius, os astrólogos asignaron as 24 horas de cada día da semana aos sete obxectos celestiais errantes nunha secuencia cíclica.

A primeira hora do primeiro día da semana foi asignada a Saturno e as seguintes a Xúpiter, Marte, o Sol, Venus, Mercurio e a Lúa respectivamente. Así a oitava hora do primeiro día volveu ser asignada a Saturno, e tamén a décimo quinta e a vixésimo segunda. Seguindo o ciclo durante todas as horas e días da semana, as primeiras horas dos días seguintes serían asignadas ao Sol, á Lúa, Marte, Mercurio,Xúpiter e Venus respectivamente.

Polo tanto, cada día da semana recibiu o nome do planeta que tiña asignada a primeira hora. Así, a secuencia dos días quedou en:Saturno, Sol, Lúa, Marte, Mercurio, Xúpiter e Venus, que corresponde aos nosos días sábado, domingo, luns, martes, mércores, xoves e venres. 

E recordade que para os xudeus a semana empeza en sábado, o Shabbat, denominación que provén do nome do planeta Saturno en hebreo, Shabbetai, como se pode ver no Talmud de Babilonia.



O Val da Morte (California) recupera o récord de temperatura 90 anos despois



O Val da Morte, en California, volve ser oficialmente o lugar no que se mediu a temperatura máis alta do planeta. 

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), tras unha extravagante e minuciosa investigación, quitoulle o primeiro posto á localidade libia de Al Azizia, que dende o 13 de setembro de 1922 figuraba cun récord de 58 graos centígrados. 
Pero a OMM considera agora que esa medición foi produto dun observador aprendiz que errou por uns sete graos ao ao ler mal o termómetro, que tamén era novo e dun modelo problemático. O récord volve a California, onde o 10 de xullo de 1913 se mediron 56,7 graos.

Entre 2010 e 2011, un grupo expertos liderado por científicos da Universidade de Arizona revisaron...ler máis.

Un afeccionado á Astronomía capta unha explosión en Xúpiter

Chámase Dan Peterson Racina, vive en Wisconsin, é un afeccionado á Astronomía e fixo que o seu nome circule hoxe por todo o mundo.

A súa 'fazaña' consistiu en captar o que parece ser unha explosión en Júpiter. Pódese ver unha bóla de lume nas capas de nubes do planeta, en apenas uns segundos.

Foi un fulgor de cor branca brillante, segundo dixo Dan. Un fulgor gravado por outro astrónomo afeccionado, George Halle, de Dallas.

A bóla de lume no planeta puido ser causada, probablemente, polo impacto dun pequeno asteroide ou papaventos, algo que xa sucedeu en anteriores ocasións, como nos meses de xuño e agosto de 2010.


VER VÍDEO




Más vídeos en Antena3

Identifican unha nova especie de mono africano, o 'Lesula'

Un Hamlyni adulto e a dereita, a nova especie, Cercopithecus lomamiensis 

Investigadores da Universidade de Yale identificaron unha nova especie de mono africano. Trátase de Cercopithecus lomamiensis coñecido co nome común de 'Lesula', segundo publica un informe presentado na revista 'Plos ONE'. 
É a segunda especie dun mono africano descuberto nos últimos 28 anos. O primeiro 'Lesula' identificado foi un exemplar novo cativo, achado en 2007 na cidade de Opala, na República Democrática do Congo.

Os monos 'Lesula' viven os bosques tropicais das terras baixas do centro da República Democrática do Congo. Os datos examinados, tanto morfolóxicos como xenéticos confirman que esta é unha nove especie, pero ten un conxénere moi próximo o Cercopithecu Hamlyni. Estes dúas comunidades están separadas xeograficamente polo Congo como polo riu Lomami.

Estes Cercopithecus lomamiensis son semiterretres e sobreviven grazas a unha dieta que contén vexetación herbácea terrestre. Os investigadores describen no seu traballo estes monos como especies de tamaño medio, con extremidades longas e un corpo delgado. Pel facial ispe, pálpebras e pavillóns auriculares de cor gris, pasando ao rosáceo pálido ao marrón.

lunes, 10 de septiembre de 2012

A sonda espacial Voyager I alcanza o límite do sistema solar

A sonda espacial Voyager 1 alcanzou o límite do sistema solar, ampliando o seu récord de ser o obxecto feito polo SER HUMANO que máis lonxe chegou no espazo.
Segundo un comunicado do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA en Pasadena, California, a nave espacial está a enviar datos á Terra mostrando un marcado incremento nas partículas cargadas que se orixinan moito máis alá do sistema solar.
"Os científicos do Voyager que...ler máis.



VÍDEO DA NASA