sábado, 31 de marzo de 2012
Corpo Humano ao Límite
Así se titula un documental de Discovery Channel, onde a partir dunha serie de episodios percorre o funcionamento do noso corpo, en situacións límites.
Déixovos un enlace (PICA AQUÍ) onde se mostra como funcionan os noso ollos no proceso de visión.
O Mesozoico: Era dos Dinosaurios
Abarca dende comezos do Triásico (hai aproximadamente 251 millóns de anos) ata o final do Cretácico (hai aproximadamente 66,5 millóns de anos).
O Mesozoico foi un tempo de grandes cambios tectónicos, climáticos e evolutivos.
A vida animal durante o Mesozoico foi dominada, por grandes réptiles arcosaurianos que apareceron só uns poucos millóns de anos despois da extinción de finais do Permiano: dinosauros, pterosaurios e réptiles acuáticos.
Os Dinosauros dominaron o Planeta durante 160 Millóns de Anos, un xeito distinto de ver como eran e vivían estes animais, pódemola ver nunha serie docuemntal, que é un Especial basado no documental "CaminaNdo entre Dinosaurios".
Nel podemos ver un safari virtual á era dos dinosaurios. Déixovos os enlaces das partes:
Voz Natura: Plantación 1º ESO
Dentro do Proxecto Voz Natura, “A Semente do Futuro”, deste curso escolar, os alumnos/as de 1º de ESO, realizaron unha saída extraescolar á veiga de Tintores.
A saída celebrouse o 21 de Marzo, coincidindo co Día da Árbore; durante a actividade programouse a plantación dunha serie especies arbóreas en maceta, no propio medio natural de Tintores, que axudarán no futuro a aumentar a biodiversidade do lugar.
Os alumnos/as participaron activamente na actividade, na que ademais de realizar a propia plantación, perséguese educar aos alumnos/as en valores medioambientais, facendo fincapé na importancia das nosas árbores e o beneficio que reportan tanto ao medioambiente como ao ser humano.
Para ver as fotos da actividade pica na imaxe.
jueves, 29 de marzo de 2012
Enfermidades Oculares
As enfermidades oculares máis comúns do ollo humano, dan como resultado problemas de visión.
As máis comúns son: a Miopía a Hipermetropía e Astigmatismo. No seguinte vídeo podedes ver unha explicación de cada unha delas.
As máis comúns son: a Miopía a Hipermetropía e Astigmatismo. No seguinte vídeo podedes ver unha explicación de cada unha delas.
Producto escalar: Ángulo formado por los vectores
Una de las aplicaciones del producto escalar de dos vectores, es la posibilidad de calcular el ángulo formado por los dos vectores.
Ejercicio:
Ejercicio:
Calcula el valor de “x” para que el producto escalar de a(3, -5) y b(x,2) sea igual a 7. ¿Qué ángulo forman ambos vectores?.
Resolución:
Producto escalar de dos vectores
En el siguiente vídeo nos explican como se calcula el producto escalar de dos vectores a partir de sus componentes. Recordemos que el producto escalar es siempre un número (positivo o negativo).
Fósil de Amonita
As amonitas eran criaturas depredadoras parecidas ás luras que vivían no interior de cunchas con forma de espiral. Ao igual que outros cefalópodos, as amonitas tiñan fauces afiadas en forma de pico, situadas no interior dun anel de tentáculos que se estendía dende a cuncha para atrapar presas, como pequenos peixes e crustáceos.
As amonitas apareceron hai uns 240 millóns de anos, se ben eran descendentes duns cefalópodos de cuncha lineal chamados bactritis, cuxa existencia se remonta ao período devónico, hai uns 415 millóns de anos. As amonitas criaban en grandes números e formaban bancos. Hoxe en día encóntranse entre os fósiles máis abundantes. Extinguíronse á vez que os dinosauros, hai 65 millóns de anos.
domingo, 25 de marzo de 2012
Vista e Oído
Comezamos o Tema 6 estudando dous dos órganos dos sentidos: O Ollo e o Oído.
No seguinte vídeo explícannos como funcionan eses dous órganos que nos informan do que nos rodea na nosa vida cotiá.
No seguinte vídeo explícannos como funcionan eses dous órganos que nos informan do que nos rodea na nosa vida cotiá.
A historia da Terra en 24 horas
Curioso vídeo onde comparan os 4600 Ma do noso planeta coa duración dun día completo. Os seres humanos aparecemos ao final do día...
Boletín Geometría Analítica (I): VECTORES
Os dejo el Boletín correspondiente al estudio de los vectores, dentro de la Geometría Analítica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




