SLIDER

jueves, 21 de agosto de 2014

Achan por primeira vez un ecosistema completo baixo os xeos da Antártida


Baixo os xeos da Antártida hai vida en abundancia. Acábao de demostrar unha expedición norteamericana, chamada Wissard (Whillans Ice Stream Subglacial Access Research Drilling), formada por investigadores de varias universidades e que esta semana publicou en Nature as súas primeiras conclusións. Baixo unha capa de xeo de máis de 800 metros de grosor, os científicos encontraron todo un ecosistema vivindo nun lago subterráneo ao que a luz e o aire non chegaron en millóns de anos.

As formas de vida descubertas son microorganismos unicelulares que para subsistir converten amoníaco e metano en enerxía. A maior parte destes organismos pertencen ao dominio das Arqueas, no que se encontran os seres vivos máis antigos do planeta. A investigación ten implicacións para a busca de vida noutros ambientes extremos, tanto na Terra como noutros mundos do Sistema Solar.

En canto ás especies encontradas, resulta moi dificil a súa identificación, pero, afirma Christner pola súa banda, "vimos unha columna de auga que probablemente ten unhas 4.000 scosassquepoderiamos chamar especies. Existe unha incrible diversidade".

O equipo de Wissard volverá perforar durante o próximo verán austral. Wissard é o primeiro esforzo multidisciplinar a grande escala para examinar directamente a bioloxía do ambiente subglacial antártico. A masa de xeo da Antártida cobre unha superficie equivalente a unha vez e media a dos Estados Unidos e contén o 70% da auga doce da Terra.

miércoles, 13 de agosto de 2014

Por primeira vez na historia, unha muller gaña a medalla Fields de Matemáticas


A iraniana Maryam Mirzakhani recibiu a medalla Fields, considerada o premio Nobel de las Matemáticas, na apertura do Congreso Internacional de Matemáticas (CIM) que se inaugurou este mércores en Seúl. Con 37 anos, esta profesora na universidade estadounidense de Stanford, foi unha dos catro premiados con este recoñecemento e a primeira muller en recibilo dende que foi instaurado en 1936.

A medalla Fields premia cada catro anos durante a celebración do CIM polos seus descubrimentos sobresaíntes a un máximo de catro matemáticos menores de 40 anos. Mirzakhani, que tamén é a primeira iraniana en lograr a medalla, foi premiada polos seus "impresionantes avances na teoría das superficies de Riemann e os seus espazos modulares".


sábado, 9 de agosto de 2014

O cráter do fin do mundo...cambio climático

Segundo os investigadores o enorme burato está relacionado coa fusión dos xeos perpetuos baixo a tundra.


O coñecido como «cráter do fin do mundo» localizado no norte de Siberia e cuxa imaxe conseguiu máis de 9 millóns de visitas en YouTube non é único e é un fenómeno natural que corrobora o cambio climático, segundo científicos da Universidade de Tomsk (Siberia).

«O cráter confirma que o cambio climático é real. O extraordinario é que este fenómeno a toda vista natural acontecese nun espazo de tempo tan curto, ante os nosos ollos», asegurou Leonid Rijvanov, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Tomsk (Siberia), en declaracións a EFE.

Normalmente, os fenómenos xeolóxicos son resultado de procesos de centos ou miles de anos, pero os «buratos negros», como tamén son coñecidos os cráteres aparecidos na península de Yamal, que significa «Fin da Terra» en lingua aborixe, son relativamente recentes.

«Son consecuencia directa do quentamento do noso planeta que está a provocar que se derretan os xeo perpetuos que cobren a tundra siberiana. Aínda que non é algo catastrófico, xa que Siberia é un lugar moi sensible aos cambios», apuntou Rijvanov.

Rijvanov recordou que o xeo contén gas e cando se reduce o espesor da superficie xeada, ese gas sae disparado coma se se tratase de fumarolas nas zonas volcánicas e crea eses buratos con formas tan ideais, que parecen feitas polo home, por extraterrestres ou un meteorito, como se comenta nas redes sociais.

viernes, 8 de agosto de 2014

Que é un virus?

Enfermidades como o Ébola, a poliomelitis ou a gripe levan a falar deles. Explicamos como funcionan, por que é tan difícil loitar contra eles, por que son claves na evolución, por que hai virus espía...


Os virus son protagonistas da actualidade. Quizais porque este ano houbo catro importantes brotes de virus: o Ébola en Africaoccidental, o virus da polio en Oriente Medio e África, o coronavirusen Arabia Saudí e o Chikungunya en América do Sur. Ademais, encontrouse por accidente unha reserva dun virus que podería decimar a poboación ao longo e ao largo do mundo, a varíola, e este ano cúmprese o centenario dun conflito, a Primeira Guerra Mundial, que propiciou a dispersión do virus da gripe, acabando coa vida duns 50 millóns de persoas.

lunes, 28 de julio de 2014

Por que os científicos disparan a un diamante co láser máis potente?



A enerxía combinada dos láseres (0,76 megaxulios ou MJ) creou ondas de presión no diamante, e comprimiuno a cinco terapascales(50 millóns de atmosferas), unha presión similar á do centro de Saturno.
"O diamante, o material menos comprimible de todos os coñecidos, aquí foi comprimido a unha densidade sen precedentes, máis que a do chumbo", escriben os autores en Nature.
A medida que aumentaba a presión, os científicos medían o estrés, a densidade e o son do cristal de carbono.
E estes datos, din os científicos, agora poden ser "comparados con teorías utilizadas durante moito tempo para describir a materia presente no interior de planetas xigantes e estrelas".
A estes extremos, prevense unha serie de transicións nas que o carbono se volve máis denso que na súa forma de diamante.
"É interesante que estes experimentos non detectaron ningunha destas transicións, que puideron ser eliminadas ou postergadas mediante un mecanismo aínda descoñecido," dixo Chris Pickard, da universidade College London.
En xeral, non obstante," a coincidencia entre os resultados dos cálculos teóricos e o experimento é boa, así que é probable que a teoría estea sobre terreo firme.

domingo, 27 de julio de 2014

Como fan a coada os astronautas no espazo?

O último cargamento de 1.600 quilos que a NASA enviou á ISS incluía pezas especiais para rematar co problema da roupa sucia.


Así que á pregunta: «Como fan a coada os astronautas no espazo?» A resposta é que substitúen con imaxinación a falta de lavadoras. Ao non se poder cambiar, utilizan recursos para «ensuciarse pouco». Por exemplo, cando fan deporte, como a suor non esvara pola pel senón que se adhire pola falta de gravidade, o que fan é absorbelo con esponxas ou toallas. E cando o montón de roupa sucia alcanza un tamaño considerable, simplemente envíana á Terra nalgún dos vehículos espaciais que cada certo tempo subministran de materiais á ISS. Iso si, todo coordinado e estudado dende os centros de control.

Unha destas viaxes tivo lugar a pasada semana, aínda que a roupa que recibiron nesta ocasión era un tipo de peza deportiva que levaba desenvolvendo tempo. Trátase de probar a eficacia desta roupa de ximnasio, a proba de xermes resistentes lixeiros, para comprobar a súa comodidade e o control de olores, segundo informou a NASA. E é que aínda que esteas a orbitar arredor da Terra, por moito que as vistas sexan incribles, o mal olor é un problema grave. Máis cando os astronautas conviven decenas de semanas nun espazo tan reducido. E sen posibilidade de «ventilar».

sábado, 26 de julio de 2014

Unha empresa Española buscará novos mundos habitables

Unha empresa española construirá o satélite Cheops de la Agencia Espacial Europea que será lanzado en 2017 e observará planetas que orbitan arredor de estrelas diferentes ao Sol.


Cheops, das siglas en inglés «Satélite para a Caracterización de Exoplanetas», é tamén un aceno a unha das sete marabillas do mundo: a pirámide de Keops. O nome con que bautizaron ao satélite, que será lanzado en decembro de 2017 para buscar planetas que orbiten estrelas diferentes ao noso Sol (de aí o nome «exoplaneta»), é unha homenaxe ao Antigo Exipto e á súa predilección pola astronomía. Hoxe, como onte, miramos ao ceo e seguimos facéndonos as mesmas preguntas: Estamos sós no universo? Hai vida nos planetas doutras galaxias?

Estas son as preguntas que se van intentar responder coa primeira «pequena misión» da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), que contará cunha compañía española como principal contratista: a empresa Airbus Defense and Space Españaencargarase de fabricar o satélite. «Significa moito para a tecnoloxía española, o feito de ter gañado unha competición aberta a nivel europeo é sinal de que a nosa tecnoloxía está á altura dos grandes países fabricantes de satélites», asegura Andrés Borges, xefe de programa de Cheops de Airbus Defense and Space España.

Cheops viaxará de pasaxeiro a unha altura de 800 quilómetros nun lanzador Vega ou Soyuz (está aínda por determinar) e partirá dendeKourou, na Guyana Francesa. Pero, como fará para buscar vida? No noso sistema solar temos o Sol e oito planetas orbitando ao seu arredor, pero tamén existen outros sistemas planetarios en galaxias diferentes á nosa, a Vía Láctea. Cheops buscará un catálogo deexoplanetas, é dicir, planetas que orbiten estrelas diferentes ao Sol pero con características similares a este, é dicir, que xeren calor e luz capaces de permitir vida.

viernes, 25 de julio de 2014

Canto magma hai baixo o chan?

Un novo estudo analiza o funcionamento das cámaras magmáticas para predicir erupcións e encontrar zonas ricas en minerais como o ouro ou o cobre.


Agora un grupo de científicos da Universidade de Genève (UNIGE) desenvolveu un novo método para entender mellor como funciona o magma a quilómetros de profundidade. A técnica, cuxos resultados aparecen publicados na revista Nature, permite entender como funcionaron as cámaras subterráneas que xa «se apagaron» e como funcionarán as que agora están acendidas. Por iso, poderán facer predicións sobre erupcións volcánicas e encontrar zonas ricas en minerais relacionados co magma (como o ouro e o cobre).

«Cando determinamos a idade dun grupo de zircones (cristais que están dentro do magma) a partir dunha pequena mostra de magma solidificado, e usamos os resultados do modelo matemático que fixemos, podemos dicir que tamaño tiña a cámara magmática, e o rápido que cría a reserva de magma», explica o experto en zircón Urs Schaltegger en «esciencenews.com».

jueves, 24 de julio de 2014

En fotos: unha espectacular tormenta eléctrica en Sardeña


Pica na Foto para ver as restantes

Como estudar Física mentres tocas a guitarra

As técnicas que utilizan guitarristas do talle de Clapton ou Hendrix son pura física ao servizo da boa música.

Iso é exactamente o que fixo David Robert Grimes, un físico do Departamento de Oncoloxía da Universidade de Oxford, que habitualmente utiliza os seus coñecementos físicos para obter modelos matemáticos da distribución do osíxeno co fin de mellorar a eficacia da radioterapia no tratamento do cancro.

Pero o doutor Grimes é tamén moi hábil coa guitarra e grande un admirador de Brian May, o arquifamoso guitarrista, compositor e vocalista da banda británica Queen. Mayr, que ademais de músico é astrofísico, foi un dos primeiros en utilizar o "tapping", unha das moitas técnicas das que se serven os mellores músicos de guitarra eléctrica para dar a este instrumento unha expresividade comparable á da voz humana, escribe Grimes no seu artigo.

A diferenza doutros instrumentos, como o piano, nos que cada nota é unha función discreta, os (bos) guitarristas poden incorporar microtonalidades entre as notas musicais. E a forma de logralo, mediante vibratos ou curvando as cordas, por exemplo, constitúen un signo peculiar e distintivo de cada un deles