SLIDER

jueves, 22 de noviembre de 2012

Vida en Marte?



O principal investigador da misión do Curiosity anuncia que o rover realizou un descubrimento que, de confirmarse, «cambiará os libros de historia». A NASA comunicará os seus resultados en decembro.

A noticia máis esperada polo mundo científico podería estar a punto de converterse en realidade. John Grotzinger, o investigador principal da misión Curiosity, acaba de anunciar nunha entrevista radiofónica que os instrumentos do rover realizaron un descubrimento que «cambiará os libros de historia. Os datos son... prometen realmente moito».

Non obstante, o científico asegurou que pasarán aínda algunhas semanas antes de que a NASA realice un dos maiores anuncios da súa historia. Segundo declarou o propio Grotzinger a Universe Today, «teremos unha conferencia o próximo 3 de decembro para discutir os nosos resultados».

Ese día inaugúrase, en efecto, a conferencia anual...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario