SLIDER

jueves, 10 de enero de 2013

Circulación Sanguínea: Tipos e exemplos

A circulación do sangue é distinta nas distintas especies de seres vivos. Os principais tipos, son:

Circulación aberta: Tipo de circulación en que o sangue ou hemolinfa sae do interior dos vasos e entra en contacto directo coas células. Acontece en artrópodos e na maioría dos moluscos.
Circulación pechada: Tipo de circulación en que o sangue flúe exclusivamente dentro dos vasos. Non existe contacto directo entre o sangue e as células. Acontece en anélidos, moluscos, cefalópodos e vertebrados.
Circulación Simple: Tipo de circulación en que o sangue pasa unha soa vez polo corazón en cada ciclo completo. Acontece en vertebrados de respiración branquial.
Circulación Dobre: Tipo de circulación en que o sangue pasa dúas veces polo corazón en cada ciclo completo. Acontece en vertebrados de respiración pulmonar.
Circulación dobre incompleta: Tipo de circulación en que acontece mestura do sangue venoso e arterial no corazón ou na comunicación entre a arteria aorta e a pulmonar. Presente e anfibios e réptiles.
Circulación dobre completa: Tipo de circulación en que non acontece mestura dos sangues venoso e arterial no corazón. Presente en aves e mamíferos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario