SLIDER

domingo, 8 de diciembre de 2013

Adiviñas científicas nas fachadas das cidades


Un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación converterá as fachadas dos edificios máis emblemáticos das cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo, co obxectivo de achegar a innovación á cidadanía dun xeito ameno e divertido. Trátase dunha acción de divulgación científica que combinará en plena rúa o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato.

Santiago será a primeira localidade na que se celebrará Big Ciencia, un proxecto impulsado pola Axencia Galega da Innovación da Xunta, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecit)
Será o próximo 11 de decembro a partir das 18.30 horas na Praza do Obradoiro sobre a fachada do reitorado da Universidade. A xira continuará o día 13 na Coruña, o 14 en Lugo e o 20 en Ourense, para rematar o 21 en Vigo.

A mecánica do Big Ciencia será moi sinxela co obxectivo de facela accesible para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecementos. Para participar non é necesario inscribirse previamente, e botará a andar no momento no que dúas persoas se sitúen ante os pulsadores e a xigantesca pantalla. As preguntas serán tipo test e os participantes deberán elixir a resposta correcta de entre catro posibles, contando coa axuda dos espectadores para facelo. Precisamente este comodín do público fomentará a participación de todos os asistentes ao concurso, que ten o obxectivo de enganchar desde un principio dada a súa axilidade. Tras tres fases eliminatorias, coñecerase o nome do gañador.

Big Ciencia non rematará o 21 de decembro en Vigo, xa que desde o blog da actividade poderase descargar un xogo dixital co que os galegos poderán seguir concursando desde as súas casas, ao tempo que descobren interesantes e curiosos contidos científicos. P

No hay comentarios:

Publicar un comentario