SLIDER

lunes, 30 de septiembre de 2013

Foto do día


A escultura vexetal desta fotografía chámase "A árbore dos paxaros"

A obra, ilus­tra 56 dife­ren­tes espe­cies de paxaros en perigo de extinción.

Fabrican gasolina, cunha bacteria que causa diarrea


A produción sostible de gasolina está cada vez máis preto. Un equipo de científicos coreanos conseguiu, con técnicas de bioloxía sintética, fabricar por primeira vez gasolina sen necesidade de recorrer ao petróleo nin a ningún combustible fósil. 
En lugar de petróleo utilizaron a unha das bacterias máis estudadas polo ser humano, a «Escherichia coli» (E. coli). Vive no interior do intestino, entre as feces humanas, e é responsable de moitos dos episodios de diarrea que padecemos. Pero tamén se pode manipular e conseguir que traballe no noso favor.

Trátase dun achado revolucionario que podería acabar coa dependencia do ouro negro. 
Hoxe a mellor alternativa é o biodiésel procedente de aceites vexetais ou graxas animais, non obstante non poden utilizarse nos motores modernos. 
A gasolina bacteriana si sería totalmente compatible sen ter que modificar o motor para o seu uso. De momento, a súa capacidade de fabricación é mínima, aínda que o grupo coreano logrou producir 580 miligramos de gasolina por litro cultivado. 
O obxectivo a longo prazo é mellorar a produción e abaratar o custo.

Así falabamos hai 4000 anos

Recrean nunha gravación como soaba a linguaxe extinta e nunca escrita que deu orixe ás linguas indoeuropeas.

As modernas linguas indoeuropeas, á que pertencen a maioría das linguas de Europa e Asia meridional, descenden dunha única lingua, chamada protoindoeuropea, que era falada por un pobo que viviu entre os anos 4.500 e 2.500 antes de Cristo, e non deixou textos escritos.

Coñecida como a fábula de Schleicher ou «A ovella e os cabalos», a parábola narra a historia dunha ovella rapada que se encontra no campo cun grupo de cabalos algo respondons. A ovella dilles que lle doe o corazón ao ver aos equinos cargados e cun xinete enriba, e os cabalos lle contestan que tamén lles doe a eles cando ven o amo vestido coa la da ovella mentres ela está nua.

PICA AQUÍ para excoitar o texto.

Ejercicios de Cinemática (II)



Operaciones con Radicales (V)

O Ciclo de Wilson

A distribución das placas e polo tanto, dos continentes, cambiou ao longo do tempo, xa que poden fragmentarse e que se unen uns con outros. 
O Ciclo de Wilson, proposto por Tuzo Wison, explícanos de forma ordenada, o proceso de apertura e peche dos océanos, e a fragmentación e posterior unión dos continentes, que provoca a formación de cordilleiras, e resume todo o que suecede nos bordos construtivos e destrutivos sobre a litosfera.

ANIMACIÓNS XEOLOXÍA


Déixovos un enlace moi interesante; se picades na foto accederedes a unha web (pica en "Geodinámica Interna") onde se mostran moitas animacións de procesos xeolóxicos estudados na clase: Dorsais oceánicas, Placas Litosféricas, Ciclo de Wilson, Zonas de Subducción...etc...

domingo, 29 de septiembre de 2013

Un mapa da NASA mostra cales son os países con máis contaminación do mundo



Un mapa creado polo Observatorio da Terra da NASA, recolle a evolución entre os niveis de contaminación en todo o mundo que se rexistraban en 1850 e os actuais.

Os datos foron recompilados polo investigador Jason West, profesor de ciencias ambientais na Universidade de Carolina del Norte.

As áreas que aparecen en marrón máis escuro son nas que máis persoas morren prematuramente a causa da contaminación. Pola súa banda, as zonas azuis son rexións nas que os niveis de contaminación melloraron dende 1850, como no sur de Estados Unidos.

A ra máis adherente do mundo


Unha pequena ra de Borneo, a Staurois guttatus, é capaz de trepar sen problemas pola perigosa, húmida e escorregadiza parede dunha fervenza, cunha capacidade de adherencia que para si quixese o propio Spiderman. Científicos do Centro de Enxeñaría Celular da Universidade de Glasgow descubriron como este animal desafía as leis da gravidade. A diminuta ra, apenas mide de 30 a 50 mm, utiliza os dedos dos pés, o ventre e as ancas para practicamente «pegarse a superficies molladas», rugosas, e empinadas. Mesmo pode manterse case cabeza abaixo. A investigación pode consultarse libremente na revista PLoS ONE.

Google Maps amosa o interior do CERN


O CERN, o laboratorio situado nos arredores de Xenebra dedicado a investigar a física de partículas, onde traballan algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo para resolver cuestións fundamentais sobre o Universo, abriu as súas portas a Street View, o servizo de Google Maps que permite ver panorámicas de distintas partes do mundo. 

A partir de agora, calquera, dende calquera lugar, pode visitar os seus laboratorios, os centros de control e os túneles subterráneos que albergan multitude de incribles experimentos.

As incribles imaxes de Street View van permitir, ademais, que os científicos que colaboran nos proxectos do CERN poidan ver o equipo que se está a utilizar, aínda que estean a traballar na outra punta do mundo.

PICA NA FOTO PARA "FACER UNHA VISITA"

Ejercicios de Cinemática (I)

viernes, 27 de septiembre de 2013

Operaciones con Radicales (IV)










Pirámide Alimentaria


A pirámide alimentaria, ou pirámide nutricional é un triángulo onde se ve como alimentarse, dende o máis recomendable para a saúde ata o menos nutritivo.
É un recurso didáctico que se propón como guía dietética para a poboación ou un sector da poboación (nenos, mozos, adultos, anciáns, etc).


Zonas de Subducción

Durante anos sorprendeu que as zonas máis profundas do océano non se achasen no seu centro, senón xunto ás costas de illas volcánicas e continentes.
O fenómeno é perfectamente comprensible á luz da teoría da tectónica de placas e a deriva continental, como se explica a continuación.


miércoles, 25 de septiembre de 2013

A Auga como Nutriente

A auga axuda a case todas as funcións do corpo humano. Considerando que os nosos corpos son case 2/3 auga, entender o rol importante da auga no corpo pode ser unha fonte de saúde. A continuación mencionamos algunhas das cousas que a auga fai no noso corpo:
  • O cerebro é 75% auga / Una deshidratación moderada pode causar dor de cabeza e mareo.
  • Necesítase auga para exhalar
  • A auga regula a temperatura do corpo
  • A auga transporta nutrientes e osíxeno a todas as células no corpo
  • O sangue é 92% auga
  • A auga humedece o osíxeno para respirar
  • A auga protexe e amortece órganos vitais
  • A auga axuda a converter os alimentos en enerxía
  • A auga axuda ao corpo a absorber os nutrientes
  • A auga desfaise dos desperdicios
  • Os ósos son 22% auga
  • Os músculos son 75% auga
  • A auga amortece as articulacións


As Vitaminas

As vitaminas son compostos heteroxéneos imprescindibles para a vida, que ao inxerilos de forma equilibrada e en doses esenciais promoven o correcto funcionamento fisiolóxico. 
A maioría das vitaminas esenciais non poden ser sintetizadas (elaboradas) polo organismo, polo que este non pode obtelas máis que a través da inxestión equilibrada de vitaminas contidas nos alimentos naturais. 
As vitaminas son nutrientes que xunto con outros elementos nutricionais actúan como catalizadorasde todos os procesos fisiolóxicos (directa e indirectamente).

Unha nova Illa emerxe tras un terremoto en Pakistán



Unha illa duns 214 metros de lonxitude e 16 de altura emerxeu a uns 200 metros da costa do extremo sudoeste de Paquistán tras o terremoto que o martes sacudiu esa rexión do país.

Segundo Tufail Baloch, vicedirector administrativo de Gwadar -a cidade máis próxima-, a illa foi visitada este mércores por un centenar de persoas nunha primeira misión de exploración, á espera da chegada dun equipo de expertos de Islamabad.

O funcionario explicou que os paisanos din que unha illa semellante emerxeu tras un terremoto rexistrado na rexión en 1935. "Aquela illa desapareceu dez anos despois de súpeto e de xeito misterioso, polo que agora pode pasar igual," apuntou.

martes, 24 de septiembre de 2013

O Gran Canón do Colorado (EUA)

Como se orixinou?... pregunta realizada por Brian Prieto (4º B - ESO)

O Canón foi creado polo río Colorado, cuxa canle socavou o terreo durante millóns de anos. Ten uns 446 km de lonxitude, conta con cordilleiras de entre 6 a 29 km de anchura e alcanza profundidades de máis de 1600 m. 

Preto de 2000 millóns de anos da historia da Terra quedaron expostos mentres o río Colorado e os seus tributarios ou afluentes cortaban capa tras capa de sedimento ao mesmo tempo que a meseta do Colorado se elevaba.

DATOS XEOLÓXICOS:

Altitude: o río Colorado corre ata a 2210 m baixo o bordo ou ribeira sur;
O bordo norte alcanza 2422 m de altura, esa diferenza respecto ao sur faino máis frío;
Ancho: a distancia entre as ribeiras ou bordos norte e sur oscila entre os 16 e 29 km, segundo o punto dende do que se mida;
Altura máxima de garganta: 1470 m;
Entre a entrada este e a saída oeste o Gran Canón dentro do parque nacional hai ao redor de 350 km e uns 446 lineais en total.


lunes, 23 de septiembre de 2013

Operaciones con Radicales (III)

Ejercicio donde nos piden simplificar una expresión compuesta de radicales y potencias. Debemos aplicar los conceptos de radicales y potencias para resolver el ejercicio.


Paso de unidades. Factores de conversión

El factor de conversión o de unidad es una fracción en la que el numerador y el denominador son cantidades iguales expresadas en unidades de medida distintas, de tal manera, que esta fracción equivale a la unidad. Método efectivo para cambio de unidades y resolución de ejercicios sencillos dejando de utilizar la regla de tres. Cada factor de conversión se construye con una equivalencia (igualdad entre dos cantidades).

Raíz de una raíz. Ejercicios




A Foxa das Marianas

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da codia terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, o sueste das illas Marianas, preto de Guam.

A foxa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da foxa é de 108.600 kPa (unhas 1072 atm). Paralela á foxa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánica. 

O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade e unha presión de 110.000 kPa.

O cineasta estadounidense James Cameron completou con éxito a súa expedición á foxa das Marianas en Marzo de 2012, o punto máis profundo do océano, e converteuse na primeira persoa que descendeu en solitario a ese lugar.

No seguinte vídeo podedes ver como se logrou este feito histórico.



Dorsais Oceánicas

As Dorsais oceánicas son grandes elevacións submarinas situadas na parte central dos océanos da Terra. Teñen unha altura media de 2000 a 3000 metros e posúen un suco central, chamado rift, por onde sae magma continuamente dende a astenosfera, a través das fisuras do fondo do océano, e forma novos volcáns e porcións de codia oceánica.


domingo, 22 de septiembre de 2013

O Futuro dos continentes

Estamos a estudar no Tema 1 de 4º de ESO correspondente a Xeoloxía, o movemento continuo pero moi lento das masas continentais; unha das conclusións fundamentais do estudado ata agora, é que os continenetes seguiranse movendo no futuro ata ocupar posicións moi distintas ás actuais.

No seguinte vídeo (PICA na FOTO) veremos o que pasará nun futuro moi, moi lonxano.



Todos os virus do mundo


Pica na fotografía para ver un vídeo sobre estes seres microscópicos.

Por que as lagartas se desprenden da súa cola?


A autotomía caudal é un comportamento de defensa fronte aos depredadores moi estendido nos lagartos e nalgunhas serpes. 
A perda da cola é un mecanismo antidepredador eficaz que incrementa a supervivencia das lagartas nos seus encontros con todo tipo de depredadores. Algúns estudos demostraron unha relación entre a capacidade de autotomía caudal e a presión de depredación á que están sometidas distintas especies ou poboacións de lagartas. 

Hai lagartas que moven a cola en presenza dos depredadores ou que teñen colas con coloracións rechamantes que atraen a atención destes. O movemento da cola e as coloracións rechamantes interprétanse como unha adaptación que diminúe a probabilidade de que os ataques do depredador se dirixan á cabeza ou ao madeiro e os desvía cara a zonas menos vulnerables da lagarta, como a cola.

Ademais, en moitas especies que posúen a capacidade de perder a cola, a cola autotomizada segue movéndose durante un tempo (nalgúns casos ata media hora), o que contribúe a distraer o depredador e que facilita a fuxida da lagarta.

A Voyager I cruza a última fronteira do Sistema Solar


Fai apenas uns días e tras máis dun ano de intensos cálculos e debates, a NASA anunciaba por fin oficialmente que, por primeira vez na historia da exploración espacial, unha nave humana conseguira saír do Sistema Solar para internarse no escuro espazo interestelar. 

A nave era a Voyager 1 e a data do acontecemento o 25 de agosto de 2012. O histórico anuncio non se levou a cabo antes porque os expertos da axencia espacial norteamericana querían estar completamente seguros dos datos antes de dalos a coñecer. Cousa que fixeron nun artigo publicado na prestixiosa revista Science.

Desta forma, a fazaña da Voyager 1 pasaba a engrosar a lista de fitos da exploración humana, xunto á primeira circunnavegación da Terra levada a cabo por Magallanes, a primeira aproximación a un planeta, lograda cando a Mariner 2 se achegou a Venus en 1962, ou o primeiro paso dado por Armstrong na Lúa.

Desplazamiento Vs Espacio recorrido

Estos dos conceptos suelen confundirse a la hora de analizar el movimiento de un cuerpo. Para dejar clara la diferencia entre los mismos, os dejo dos vídeos que os pueden ayudar:




Operaciones con Radicales (II)

jueves, 19 de septiembre de 2013

As fotografías astronómicas do ano


Coma se fose unha columna de fume que se eleva dende o horizonte, unha franxa escura de po marca o plano da Vía Láctea. Este po xoga un papel vital na historia da vida da nosa galaxia. Formado a partir das cinzas das estrelas moribundas, as nubes de po son tamén as rexións nas que se formarán novas estrelas.

Pica na foto parea ver as restantes

Crean un cristal de dous átomos de espesor


Un grupo de científicos da Universidade de Cornell en Nova York e a alemá de Ulm descubriron por casualidade o cristal máis delgado do mundo, de tan só dous átomos de espesor, mentres intentaba producir grafeno. O achado mereceu unha mención no Libro Guinnes de los Récords.

O panel de cristal é tan delgado que cada átomo de silicio e osíxeno é claramente visible a través dun microscopio electrónico, segundo explican os investigadores na revista Nano Letters. Os científicos non pretendían dar con algo semellante, senón que identificaron o fino cristal cando traballaban na creación de grafeno, presuntamente o material do futuro. 
Ao principio, creron que se trataba de restos ou desperdicios, pero tras inspeccionalo a fondo decatáronse do mundo de que estaban ante o cristal máis delgado... ler máis.

A Terra deixará de ser habitable dentro de...1750 Ma


Científicos chegan a esta conclusión pola nosa distancia do Sol e as temperaturas ás que é posible que o planeta teña auga líquida, aínda que estiman que a humanidade desaparecerá moito antes.

Astrobiólogos da británica Universidad de Anglia do Leste (UEA) acaban de publicar na revista Astrobiology unha investigación na que estiman o tempo que lle queda á nosa querida bóla azul para seguir resultando acolledora.
A Terra manterá condicións de habitabilidade, segundo calculan, polo menos outros 1.750 millóns anos, unha conclusión que ten en conta a nosa distancia do Sol e as temperaturas ás que é posible que o planeta teña auga líquida. Despois, a desolación.

O equipo fixouse en planetas recentemente descubertos fóra do noso sistema solar (exoplanetas)... ler máis.

La Cinemática

En física de 4º de ESO, empezamos estudiando el concepto de movimiento; la rama de la física que estudia el movimiento de los cuerpos es la CINEMÁTICA.


Método Científico

El Oxford English Dictionary, dice que el método científico es: "un método o procedimiento que ha caracterizado a la ciencia natural desde el siglo XVII, que consiste en la observación sistemática, medición y experimentación, y la formulación, análisis y modificación de las hipótesis."


Veamos un curioso vídeo sobre este concepto:


Operaciones con radicales (I)

Extraer factores fuera de una raiz

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Boletín I Radicales Logaritmos y Ec. Exponenciales

Os dejo el enlace de descarga del primer boletín de matemáticas de 4º de ESO, correspondiente al Tema 1.


Origen del símbolo matemático de una raiz



El símbolo matemático que usamos para expresar una raiz, tiene un origen un tanto curioso...

El símbolo matemático √ comenzó a utilizarse sobre el año 1525, introducido por Christopher Rudolf como una letra r, pura y dura, como abreviatura de la palabra “radix”, la palabra “raíz” o “radical” en latín. 
Aun así, la operación matemática del radical es tan antigua que incluso era conocida por los egipcios en el 1600 a.C.




A estrutura interna da Terra

Para comprender mellor todo o relevo externo do planeta, é necesario coñecer como é o noso planeta por dentro...


A Teoría da Deriva Continental

Esta teoría proposta por Alfred Wegener, postulaba un movemento continuo das masas continentais do planeta; no seguinte vídeo explícanos as probas que demostraron esta teoría xeolóxica.


Ondas sísmicas

Á hora de estudar o comportamento interno do noso planeta, son de gran axuda os TERREMOTOS.
Durante un terremoto libérase unha gran cantidade de enerxía, que se transmite polo planeta en forma de Ondas; vexamos un vídeo sobre elas...


Os Nutrientes

Comezamos o estudo da Bioloxía en 3º de ESO, estudando todo o relacionado coa nosa nutrición. Para comenzar traballamos o concepto de NUTRIENTE.

Os nutrientes son calquera elemento ou composto químico necesario para o metabolismo dun ser vivo. É dicir, os nutrientes son algunhas das substancias contidas nos alimentos que participan activamente nas reaccións metabólicas para manter as funcións do organismo.

Vexamos un vídeo sobre estas Biomoléculas...