SLIDER

sábado, 24 de enero de 2015

Os humanos de Atapuerca comían can, gato, raposo e teixugo


Un estudo publicado na revista Quaternary International, analizou as marcas en 24 restos fósiles achados na Cova do Miradoiro no depósito de Atapuerca en Burgos. Investigadores do Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social (IPHES) confirman que estes ósos que datan de hai entre 7.200 e 3.100 anos pertencían a cans domésticos, gatos salvaxes, raposos e teixugos.

"O consumo destas especies era moi pouco frecuente en Europa continental naqueles tempos, pero o achado destes restos fósiles neste depósito avalan o seu procesamento", sinala Patricia Martin, autora principal do traballo e investigadora colaboradora do IPHES.

Nalgunhas illas do Mediterráneo, como Chipre, documentouse o consumo dalgunhas destas especies xa no Neolítico (hai entre 6.000 e 3.000 anos). Non obstante, para os investigadores tratábase dunha práctica "moi pouco usual na Europa continental".

A Cova do Miradoiro foi utilizada como cova curral para albergar os rabaños compostos sobre todo por ovellas, cabras e gando bovino, que integraban parte da base da dieta dos humanos. Non obstante, outras especies como pequenos carnívoros tamén foron empregados para o consumo. Así o demostra a presenza de marcas de corte, evidencias de fracturación antrópica, de procesamento culinario e de mordedelas humanas nos restos fósiles destes animais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario