SLIDER

viernes, 6 de marzo de 2015

Enxeñería galega para reducir atropelos


A DGT financia un proxecto do Grupo de Xeotecnoloxías da Universidade de Vigo cun Lidar móbil e algoritmos matemáticos.

Arredor de 500 peóns e ciclistas falecen ao ano nas estradas españolas en accidentes de tráfico, que provocan máis de 3.000 ingresos hospitalarios. 
Son datos da Dirección General de Tráfico, DGT, organismo dependente do Ministerio del Interior, que financiará un proxecto de investigación saído do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo co obxectivo de deseñar e desenvolver un sistema para a prevención de atropelos en travesías e zonas próximas, mellorando así os niveis de seguridade e reducindo a sinistralidade nas estradas. 
O sistema proposto polo grupo de investigación que lideran os profesores da Área de Enxeñaría Cartográfica Pedro Arias e Henrique Lorenzo Cimadevilla, supón, segundo afirman “un salto tecnolóxico substancial no sector da seguridade viaria, permitindo obxectivar e automatizar a clasificación de zonas potencialmente perigosas, así como os procesos de medición e inspección de ditas zonas de risco, ao tempo que deparará un diagnóstico preciso e fiable dos datos técnicos necesarios”.


A utilización dun sistema LiDAR móbil, que permite obter modelos xeométricos tridimensionais dunha estrada e da súa contorna e o desenvolvemento, a partir dos datos obtidos polo LiDAR, de algoritmos orientados a determinar a visibilidade en zonas de travesía, permitirán, ao abeiro deste proxecto, xerar unha cartografía adaptada a unha condución máis segura.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario