SLIDER

miércoles, 29 de julio de 2015

Viaxe ao interior da Estación Espacial Internacional



Cun só clic, a Axencia Espacial Europea pon a disposición dos internautas un tour virtual pola Estación Espacial guiado pola astronauta italiana Samantha Cristoforetti con vídeos explicativos e outros extras.

Benvidos á Estación Espacial Internacional, prepárense que o tour vai comezar. Só unha advertencia previa: Acomódense no seu asento, e axuste a pantalla do seu ordenador. A astronauta italiana Samantha Cristoforetti será a súa guía de excepción nesta viaxe interactiva pola Estación Internacional, cortesía da Axencia Espacial Europea (ESA, en inglés).

Tamén nas nosas pantallas se poderá visualizar diferentes vídeos nos que Cristoforetti explica e fai unha demostración de diferentes aspectos da vida a bordo da ISS. De igual modo pódense acceder a outros textos web. Na nosa visita poderemos explorar os diferentes módulos botando man do zoom, para observar cada canto con maior precisión ou seguridade. As frechas que aparecen na pantalla poden axudar a guiar o noso percorrido.

Pica aqui para realizar o tour.

No hay comentarios:

Publicar un comentario