SLIDER

miércoles, 26 de agosto de 2015

A man moderna xa existía hai 1.850.000 anos



Un pequeno óso achado o ano pasado na Garganta de Olduvai, en Tanzania, suxire que unha man parecida á nosa xurdiu con anterioridade ao que estimaban baseándose no rexistro fósil existente (entre 400.000 e 600.000 anos antes). Así o asegura un equipo de paleontólogos españois nunha investigación publicada esta semana en Nature Communications.

Trátase dun óso de só 3,6 centímetros de lonxitude que corresponde á falanxe proximal (das tres que temos, a que está máis próxima á palma) e que pertenceu á man dun individuo que viviu fai, polo menos, 1.850.000 anos. Segundo detalla a este diario Manuel Domínguez-Rodrigo, investigador do Instituto da Evolución en África (I.D.E.A) e autor principal deste estudo, esta falanxe proximal é recta, unha das características que definen á man moderna. Das tres falanxes que ten o dedo, «a proximal é a clave, porque é a máis grande e a que conexiona os dedos coa palma da man».

No hay comentarios:

Publicar un comentario