SLIDER

miércoles, 3 de febrero de 2016

Mondas de laranxa para obter alimentos prebióticos


Os chamados alimentos funcionais, alimentos que alén das súas características nutricionais son elaborados para cumprir unha función específica, como pode ser axudar a baixar o colesterol. Entre os ingredientes que permiten esta funcionalidade están os cada vez máis populares prebióticos, compoñentes non dixeribles que benefician ao organismo promovendo o crecemento e/ou actividade dunha ou varias bacterias positivas da microbiota intestinal. Na súa tese de doutoramento, Belén Gómez demostrou como se poden aproveitar subprodutos da agroindustria, como polpas de cítricos, remolacha azucreira e bagazo de mazá, para obter potenciais prebióticos aptos para o seu uso en alimentación.

A tese de doutoramento desta investigadora da Facultade de Ciencias do campus de Ourense foi dirixida por José Luis Alonso, Juan Carlos Parajó e Remedios Yáñez e levou por título Obtención, purificación, caracterización e avaliación de novos prebióticos a partir de subprodutos agroindustriais

Segundo explica a autora, a investigación enmárcase “dentro dunha das principais liñas de investigación do Departamento de Enxeñaría Química EQ-2”, que consiste no desenvolvemento de procesos de obtención de mesturas purificadas de oligosacáridos susceptibles de ser usados como ingredientes prebióticos na alimentación humana e animal mediante tecnoloxías respectuosas co medio ambiente e empregando como materias primas subprodutos da industria agroalimentaria.

Esta investigación, indica a xa doutora, “á vez que propón unha interesante alternativa de uso para os subprodutos agroindustriaisrespectando o medio ambiente, afonda no coñecemento dos pectooligosacáridos, catalogados como novos prebióticos en fase de estudo”. A partir dos datos obtidos, a idea é continuar estudando os efectos do consumo destes prebióticos pero de maneira máisindividualizada no canto de en mesturas, analizando os seus efectos non só en xente sa senón tamén en persoas enfermas que tomen antibióticos e en distintos grupos de idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario