Parece unha película de ciencia ficción, pero si, a Terra foi atacada polas estrelas. Múltiples supernovas, explosións masivas de estrelas que quedan sen combustible e colápsanse, bombardearon o noso planeta nos últimos 10 millóns de anos.
Dous equipos de investigadores chegaron a esta conclusión tras atopar refugallos radioactivos (en contreto, ferro-60) en mostras de sedimentos e cortizas tomadas no Pacífico, o Atlántico e o Índico.
Estas supernovas atopábanse a menos de 300 anos luz de distancia, por fortuna non tan preto como para arrasar coa vida no planeta, pero si o suficiente como para ser apreciadas durante o día, comparables co brillo da Lúa. Ademais, quizais, e esta é unha cuestión crave aínda por resolver, puideron influír nas últimas idades de xeo da Terra.
Os investigadores cren que unha posible fonte destas supernovas é un cúmulo de estrelas vellas que desde entón afastouse da Terra. O clúster quedouse sen grandes estrelas, o que suxire que xa explotaron en supernovas, arroxando ondas de cascallos. Isto coincide coas conclusións do segudo equipo de investigación, dirixido por Dieter Breitschwerdt, da Universidade Técnica de Berlín, que aclara a orixe do ferro-60 no fondo dos océanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario