As plantas procesan a diario o enorme caudal de enerxía que o Sol proxecta sobre a Terra en forma de luz, un proceso natural que no futuro podería abastecer de electricidade aos fogares. Polo menos, iso cren tres emprendedores que xa conseguiron cargar o móbil cunha maceta.
Os promotores da empresa Arkyne Technologies, tres novos andaluces que estudan en universidades de Barcelona, causaron asombro en febreiro no Congreso Mundial de Móbiles ao presentar o seu proxecto «Bioo», unha tecnoloxía capaz de converter a fotosíntesis natural das plantas nunha fonte continua de electricidade.
"Funciona tan simple como colocar o panel coa nosa tecnoloxía, poñerlle terra encima e plantar unha planta. Un metro cadrado de plantas dáche para producir de 3 a 40 watts, dependendo do tipo de planta, se é máis grande ou máis pequena, e tamén da especie que utilices", explica Vidarte.
Tras demostrar que cunha maceta poden cargar tres veces ao día un móbil, estes mozos sosteñen que as súas pilas biolóxicas poderían abastecer o consumo de electricidade dun fogar estadounidense cun xardín de 10 metros por 10 plantado con céspede (ou de só 3 metros por 5 se se plantan arbustos ou árbores).
No hay comentarios:
Publicar un comentario