SLIDER

viernes, 22 de abril de 2016

Así roxe un «tren voador» viaxando a 1.000 Km/h.


Ningún tren sae dunha estación cunha potente explosión e deixando tras de si un ronsel de fume e combustible. Ningún salvo o prototipo experimental de «maglev» que o Escuadrón de Probas 846 da «US Air Force», está a poñer a punto na base Holloman, en pleno deserto de Nevada. Quizais aínda falten puír algúns detalles ata levar pasaxeiros.


O pasado 18 de abril o escuadrón publicou as imaxes da viaxe (voo) inaugural deste artefacto, realizado o 4 de marzo. Montado sobre a Holloman High Speed Test Track (HHSTT), un sofisticado sistema de raíles que permiten a unha plataforma propulsada sobre foguetes levitar ao longo de 640 metros, o maglev logrou bater o récord para este tipo de artefactos e superar os 1.000 quilómetros por hora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario