As espinacas son moi ricas en minerais, vitaminas e fibra. Pero científicos do prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) souberon darlle unha grandiosa volta de torca a este vexetal. Tal como publicaron este luns na revista «Nature Materials», os científicos usáronas para inserir uns nanotubos de carbono e convertelas en sensores capaces de detectar a presenza de explosivos e enviar esa información a un dispositivo electrónico.
Neste caso, os investigadores desenvolveron uns nanotubos de carbono especiais que emiten fluorescencia cando captan a presenza dalgúns compostos que forman parte dalgúns explosivos e minas: os compostos nitroderivados. Despois, inseríronos en follas de espinacas, unhas plantas que de forma natural absorben estes compostos na auga do chan.
Este é o motivo polo que actualmente estes científicos do MIT traballan en sensores para compostos que producen as plantas e que elas mesmas usan para regular o seu propio funcionamento. No futuro, poderían axudar aos científicos para entender como funcionan as plantas, para mellorar a súa saúde e mellorar a produción de compostos de interese, como o son algúns medicamentos. Mesmo, estes nanotubos fluorescentes poderían facilitar o desenvolvemento dunha agricultura de precisión, moito máis eficiente e capaz de responder rapidamente as necesidades das plantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario