SLIDER

viernes, 25 de noviembre de 2016

Secuencian o xenoma da árbore que sobreviviu á bomba atómica de Hiroshima


Científicos chineses presentaron a secuencia do xenoma de Ginkgo biloba, unha das especies de árbore máis antigas, e tan resistente que exemplares en Hiroshima sobreviviron á bomba atómica.

A investigación, publicada en GigaScience, foi levada a cabo por un equipo do Instituto de Biociencias de Pequín (BGI), a Universidade de Zheijiang e a Academia Chinesa de Ciencias, que abordaron e analizaron un xenoma excepcionalmente grande, cun total de máis de 10.000 millóns de 'letras' de ADN.

Ginkgo é considerado un «fósil vivente», o que significa que a súa forma e estrutura cambiaron moi pouco nos 270 millóns de anos desde que naceu. Dada a súa lonxevidade como especie e posición única na árbore evolutiva da vida, o xenoma de Ginkgo proporcionará un recurso extenso para os estudos referentes ás defensas das plantas contra insectos e patógenos, e o estudo dos acontecementos temperáns na evolución da árbore e na evolución en xeral.

O xenoma de Ginkgo esténdese sobre máis de 10 Gb, que é 80 veces máis grande que a «planta modelo» do xenoma de Arabidopsis thaliana. O xenoma da árbore é tamén máis grande que outras especies de plantas coñecidas por xenomas extremadamente grandes, como o millo ou as orquídeas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario