SLIDER

viernes, 25 de noviembre de 2016

O estraño dinosauro despatarrado


As extremidades estendidas cara aos lados, o pescozo estirado e a cabeza levantada. Este dinosauro puido morrer nesa posición tan inusual atrapado no barro fai uns 70 millóns de anos. O estraño fósil, practicamente intacto, foi descuberto nunha obra de construción preto de Ganzhou, no sur de China e, ademais de chamar a atención pola súa insólita postura, pode arroxar valiosas pistas sobre unha familia de criaturas que floreceu xusto antes da extinción en masa dos dinosauros a causa do impacto dun gran asteroide fai 66 millóns de anos.

Os científicos da Universidade de Edimburgo e da Academia de Ciencias Xeolóxicas de China bautizaron á nova especie como Tongtianlong limosus, que significa algo tan poético como «Dragón de barro no camiño ao ceo». O animal de dúas patas pertence a unha familia de dinosauros con plumas chamados oviraptorosaurios, que se caracterizan por ter picos afiados e carecer de dentes. Algúns, incluíndo a especie recentemente descuberta, tiñan cristas de óso na cabeza, que probablemente utilizaban como rechamantes sinais para atraer ás súas parellas e intimidar aos rivais, como os casuarios de hoxe en día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario