A primeira resposta que se nos ocorrería, como parece inducir a segunda pregunta, sería a de subir á cima da montaña máis alta, que rapidamente diriamos que é o Everest. Con todo, esta resposta, como argumentamos ao longo do artigo, non é a correcta á pregunta de inicio e, ademais tamén é discutible que o Everest sexa a montaña máis alta da Terra pois dependerá do criterio que utilicemos para establecer a súa medida. Fai falta falar un pouco de Matemáticas e outro pouco de Xeoloxía.
Con todo, se acudimos á Orogenia, que é a parte da Xeoloxía que estuda os fenómenos relacionados coa creación das montañas, vemos que, no caso dos volcáns, podemos localizar a súa base. Unhas veces é visible e noutros casos non, pero si que é localizable. Este é o caso do volcán Mauna Loa en Hawaii, que se pode seguir desde a súa base no fondo do mar ata o seu cráter. Desta maneira, a súa altura chegaría ata 9.170 m, dos cales só 4.169 están sobre a superficie do mar. É dicir, utilizando un criterio que imos chamalo "oroxénico", este volcán sería máis alto que o Everest.
A cima do volcán Chimborazo no Ecuador sería o punto da superficie terrestre máis afastado do centro da Terra (case dous quilómetros e medio máis que o Everest) ou, contestando á pregunta inicial do artigo, é "o punto da Terra que máis se achega ao Sol", ou, dito doutra forma, o que máis se achega ao espazo exterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario