SLIDER

jueves, 15 de junio de 2017

Premio Princesa de Asturias para os descubridores das ondas gravitacionais




Un instante cinco veces máis pequeno que un segundo pode cambialo todo. Foi o tempo necesario para que o LIGO, (o Observatorio de Ondas Gravitacionales con Interferómetro de Láser) detectase, por primeira vez na historia, unha onda gravitacional, unha distorsión do espazo-tempo predita por Albert Einstein e que inaugurou xa unha nova era na Astronomía.


En recoñecemento do inxente labor que estivo detrás do crucial instante, o premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica foi entregado este mércores a tres figuras clave do LIGO: os profesores do Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) Kip Thorne e Barry Barish, e o investigador do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), Rainer Weiss.


O xurado destacou o potencial das ondas de permitir a exploración do espazo: «a detección de ondas gravitacionales abre unha nova xanela para o estudo do Universo que permitirá descubrir novos fenómenos e alcanzar rexións do espazo-tempo non accesibles coas técnicas actuais». É dicir, xa non só poderán observarse os corpos a través da radiación electromagnética (luz, ultravioleta, raios X), senón tamén a través das ondas gravitacionales.

No hay comentarios:

Publicar un comentario