SLIDER

domingo, 27 de mayo de 2012

"En el vientre materno"

Déixovos dúas partes dun documental de National Geographic "En el Vientre Materno"; unha exploración interna do ventre e o desenvolvemento do feto con imaxes avanzadas en 4D, nunca antes vistas. Veremos durante máis dunha hora o seguimento paso a paso da evolución dun embarazo, durante 9 meses de xestación. 



















viernes, 25 de mayo de 2012

A formación do Himalaia

A colisión de dúas placas tectónicas pode ter como efecto a elevación dos bordos dunha delas, que monta sobre a outra. 

Neste fragmento de "A máquina do tempo, I: O ámbito" (BBC Video, 2004), reconstrúese a formación da Cordilleira do Himalaia.

Formación das Cordilleiras

A formación das grandes Cordilleiras do Planeta comezou fai aproximadamente 60 Ma. O proceso de Oroxénese é producido polo movemento constante pero moi lento dos continentes, ao desprazarse as Placas Tectónicas que os sosteñenen sobre o "mar" de magma do Manto.


O proceso en sí, pódese explicar a partires da Tectónica de Placas.


Para que vos decatedes das forzas tectónicas que teñen lugar para que se forme unha Cordilleira, podedes mirar este vídeo...


domingo, 20 de mayo de 2012

Rectas Paralelas y Perpendiculares

En el siguiente vídeo nos explican como calcular la ecuación de la recta Paralela y Perpendicular a otra dada y que pasen por un punto.


A lúa cubrirá o 94% do sol nunha eclipse anular que poderá verse o domingo



A lúa pasará por diante do sol o domingo, 20 de maio, e causará unha eclipse solar anular que poderá verse dende o sueste de Asia polo Océano Pacífico ata a parte occidental de América do Norte, tal e como informou a NASA.

A eclipse anular ten lugar cando a sombra da Lúa non alcanza a cubrir totalmente o sol e o astro vese como un anel luminoso. Espérase que nesta ocasión a lúa cubra ata o 94% do Sol e debido á ampla franxa na que poderá apreciarse espérase que millóns de persoas saian a velo.

En Estados Unidos está previsto que a eclipse comece en torno ás 17.30 hora do pacífico (00.30 GMT) e nun proceso que durará unhas dúas horas a lúa irá cubrindo o sol deixando pasar só uns raios solares que debuxarán un anel no ceo.

A "traxectoria de anularidad", é dicir a franxa pola que pasará, terá uns 321 quilómetros de ancho pero atravesará...ler máis.

 

Guatemala en alerta laranxa pola erupción do "Volcán de Fuego"

O Goberno de Guatemala declarouse en "alerta laranxa" (vixilancia) pola erupción do volcán de Fuego, situado a 60 quilómetros ao sur da capital, que este sábado incrementou a súa actividade lanzando columnas de lava e cinza a 300 metros de altura.

A Coordinadora Nacional para a Redución de Desastres (Correde) informou nun comunicado de que o volcán entrou "nunha fase de erupción efusiva" cara ás 02.45 hora local (10.45 hora en España peninsular).

A actividade volcánica "está a xerar constantes explosións de aproximadamente 20 a 30 por minuto que levanta columnas de cinza a 1.200 metros de altura sobre o cráter en dirección sueste, sur e sueste do complexo volcánico que se estende por 30 quilómetros aproximadamente", agregou o organismo oficial...ler máis.





Terremoto en Italia

Unhas 3.000 persoas foron evacuadas o domingo tras o terremoto que sacudiu de madrugada a varias rexións do nordés de Italia, entre as máis industrializadas e poboadas da península.

A maior parte dos damnificados encóntrase na provincia de Módena, pertencente á rexión Emilia-Romaña, e outros 500 foron evacuados na provincia de Ferrara, mentres se seguen rexistrando réplicas, algunhas de forte intensidade.

O terremoto, rexistrado ás 4:04 e cuxa magnitude foi revisada de 5,9 a 6, foi seguido por unha forte réplica sacudiu de novo a rexión ás 15:18 provocando novas derrubas no casco histórico da localidade de San Agustín e Ferrara, as máis afectadas.

A torre do Reloxo, de Finale Emilia, desprendeuse ferindo gravemente un bombeiro. Segundo o diario Il Corriere della Sera, o tremor causou danos por 250 millóns de euros á asociación de fabricantes de queixo parmesano.

miércoles, 16 de mayo de 2012

Curiosidade Científica: Os animais detectan antes un terremoto ca os humanos

Segundo os científicos, os animais son capaces de percibir todas as variacións que provocan os movementos ao interior da Terra: eléctricas, magnéticas, sonoras, visuais e olfactivas.
Moitos animais detectan os infrasóns. Estas ondas poden xerarse mediante terremotos, erupcións volcánicas, maremotos, avalanchas...

É que os animais son capaces de "predicir": os cabalos patean e rinchan ante a presenza dun terremoto, os cervos déitanse no chan e logo levántanse bruscamente, as serpes abandonan os seus niños aínda que estean en pleno inverno e as ratas non pensan dúas veces en aparecer polas casas e lugares que habitan, en pleno día!.
A pregunta é: Poden anticiparse os animais ás traxedias? Os científicos pasaron séculos buscando unha explicación lóxica a certas manifestacións animais, como por exemplo, aquelas que no ano 2005, fronte ao maremoto do Océano Índico, chamaron moito a atención. E é que no Parque Nacional de Yala, na castigada costa oeste de Sri Lanka, non se encontrou ningún animal morto... todos lograron poñerse a salvo.
As aves congregáronse en bandadas e voaron cara ao interior das chairas que cobren a maior parte dos 1.300 quilómetros cadrados do Parque, os elefantes emprenderon unha retirada cara ás montañas, e búfalos e cervos seguiron os pasos dos paquidermos.

E claro, ninguén se tería imaxinado que nese momento, a poucos quilómetros de alí e baixo as augas do Índico, se acababa de producir o maior terremoto rexistrado na Terra dende había 40 anos.



Foto do Día


Cygnus-X: o cisne en todo o seu esplendor.

O telescopio espacial Herschel, da ESA, móstranos unha espectacular imaxe de como se forma unha nova xeración de estrelas masivas: Cygnus-X.

Cygnus-X é unha rexión de formación de estrelas extremadamente activa, situada a uns 4,500 anos-luz da Terra, na constelación de Cygnus, o Cisne, tal e como explica a páxina web da ESA.

Grazas á capacidade de Herschel para captar luz na banda do infravermello afastado, os astrónomos poden estudar rexións como esta, nas que as estrelas foron quentando lentamente o po que as rodeaba, agrupándoo en densos cúmulos nos que se continuarán forxando novas estrelas.

Os tons brancos marcan aquelas zonas nas que non hai moito que se formaron novas estrelas a partir de nubes turbulentas de po e gas, como as que se poden ver na metade dereita da imaxe.

A Fecundación: Unión dun Espermatozoide e un Óvulo

A fecundación ou fertilización, tamén chamada singamia, é o proceso polo cal dous gametos se fusionan para crear un novo individuo cun xenoma derivado de ambos os dous proxenitores. Os dous fins principais da fecundación son a combinación de xenes derivados de ambos os dous proxenitores e a xeración dun novo individuo (reprodución).

Déixovos un vídeo do canal de TV "ODISEA", onde mediante unha aplicación informática recrean o proceso de fecundación dun Óvulo por un Espermatozoide
É o comezo de todo ser humano...