jueves, 12 de julio de 2012
Unha xigantesca mancha solar bombardea a Terra
O pasado luns, unha labarada solar de nivel X1.13 precipitouse de madrugada contra a Terra. Era a quinta no que vai de ano. Foi causada pola mancha solar 1515, aínda máis grande que a que agora nos apunta, quince veces o diámetro da Terra.
As consecuencias deste suceso tardaron oito minutos en aparecer. Desencadeáronse fortes interrupcións de raio durante case unha hora, no leste de China e en Xapón. A zona máis afectada foi o Océano Pacífico, o que provocou "dificultades de comunicación marítimas e nos voos oceánicos".
Ademais, a Terra sufriu un bombardeo de protóns que desencadeou unha tormenta de radiación solar menor. Numerosos astrónomos de todo o mundo vixían a evolución da nova mancha e obtiveron espectaculares imaxes a medida que o Sol rota e a mancha se enfronta á Terra.
martes, 10 de julio de 2012
FOTO DO DIA
Estas formigas estíranse para alcanzar o seu alimento nunha fotografía da fotógrafa indonesia Andiyan Lutfi, quen se levou o premio á mellor foto afeccionado de vida silvestre.
Cifras Significativas y Redondeo (Repaso para Septiembre)
Las cifras significativas son los dígitos de un número que consideramos no nulos.
En el siguiente enlace (PICHA AQUI) os dejo las normas básicas que se aplican tanto para determinar las cifras significativas de un número, así como para redondear el resultado de una operación.
En este otro enlace (PINCHA AQUÍ)se recogen las normas mas importantes a la hora de determinar el numero de cifras significativas ademas de un apartado donde realizar ejercicios y corregirlos online.
Espero que os ayude.
O tempo, volveuse tolo?
Os fenómenos atmosféricos son o resultado da batalla de forzas ou enerxías que rexen o cosmos, os planetas e as estrelas. Como nos afecta a nós? Cada vez confírmase máis que o clima afecta á saúde da poboación.
Por exemplo, as cifras de suicidio en España son menores que en Suecia, onde se disparan. Terán que ver as horas de sol nun ou outro lugar? Pero ademais o clima condiciona as nosas actividades diarias.
O "tempo" orixínase no cosmos e queremos saber que se coce alá arriba e que afecta á meteoroloxía da Terra.
O programa de La2 de TVE, "Tres14", realiza unha reportaxe sobre estes e outros aspectos do clima do noso Planeta; para velo picade na imaxe de arriba.
lunes, 9 de julio de 2012
Novas Imaxes de Marte
A Axencia Espacial de Estados Unidos, a NASA, mostrou as imaxes máis próximas e recentes de Marte.
Trátase dunha escena de 360 graos que combina un total de 817 imaxes captadas por unha cámara panorámica durante catro meses.
Trátase dunha escena de 360 graos que combina un total de 817 imaxes captadas por unha cámara panorámica durante catro meses.
Más vídeos en Antena3
viernes, 6 de julio de 2012
Método Científico
PREGUNTA DE EXAMEN (25/X/2011)
¿Qué es el Método Científico?. Cita las etapas que lo forman.
Es aquella actividad que consiste en describir las leyes que rigen la naturaleza mediante un proceso válido y fiable.
Las etapas que lo forman son: la OBSERVACIÓN - la ELABORACIÓN de HIPÓTESIS - el DISEÑO EXPERIMIENTAL - el ANÁLISIS de los RESULTADOS y la FORMULACIÓN de LEYES y TEORÍAS.
¿Qué diferencia hay entre una ley y una hipótesis?. ¿Y entre una ley y una teoría científica?.
¿Qué diferencia hay entre una ley y una hipótesis?. ¿Y entre una ley y una teoría científica?.
Una LEY es un conjunto de HIPÓTESIS confirmadas por múltiples experiencias.
Una HIPÓTESIS tiene que referirse a una situación, ha de formularse de la forma mas precisa posible y mediante variables, y la relación entre las variables de la Hipótesis debe ser observable y medible.
Una TEORÍA CIENTÍFICA constituye un conjunto de leyes cuya función primordial es explicar las regularidades que describan dichas leyes.
jueves, 5 de julio de 2012
Descobren en España o xenoma humano máis antigo da prehistoria
Un equipo de científicos dirixido polo investigador do CSIC Charles Lalueza-Fox do Instituto de Bioloxía Evolutiva (CSIC-UOF) recuperou por primeira vez parte do xenoma de dous individuos que viviron durante o Mesolítico, hai 7.000 anos.
Segundo un comunicado, os restos proceden do depósito de La Braña-Arintero, situado en Valdelugueros (León) e sinalan que as poboacións ibéricas actuais non proceden xeneticamente deses grupos.
Os resultados do estudo, publicado na revista 'Current Biology', avalan que o xenoma achado é o máis antigo da Prehistoria e que supera a Ötzi, El Hombre de Hielo, en 1.700 anos.
O Mesolítico, enmarcado entre o Paleolítico e o Neolítico, caracterízase pola chegada da agricultura, procedente do Próximo Oriente. Os investigadores recuperaron así mesmo o xenoma mitocondrial completo dun dos individuos, co que se determinou que durante o Mesolítico as poboacións europeas eran moi uniformes xeneticamente... ler máis.
Bosón de Higgs: que é, e por que é tan Importante
Que é o bosón de Higgs?
É un tipo de partícula elemental que se cree ten un papel fundamental no mecanismo polo que se orixina a masa no Universo. A confirmación ou refutación da súa existencia é un dos obxectivos do Gran Colisionador de Hadrones (LHC, polas súas siglas en inglés), o maior e máis potente acelerador de partículas do mundo que opera o Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) na fronteira franco-suíza, preto de Xenebra.
Por que é tan importante o bosón de Higgs?
Porque é a única partícula predita polo Modelo Estándar de Física de Partículas que aínda non foi descuberta. O modelo estándar describe perfectamente as partículas elementais e as súas interaccións, pero queda unha parte importante por confirmar, precisamente a que dá resposta á orixe da masa. Sen masa, o Universo sería un lugar moi diferente. Se o electrón non tivese masa habería átomos, co cal non existiría a materia como a coñecemos, polo que tampouco habería química, nin bioloxía nin existiriamos nós mesmos.
Descubren a "Partícula de Deus"
Segundo o presidente do Instituto de Física, Peter Knight, o descubrimento do bosón de Higgs establece "unha nova estrutura para comprender o universo".
O astrofísico Stephen Hawking considera que Peter Higgs debería gañar o Premio Nobel de Física tras o anuncio do CERN.
Vídeo noticia:
Vídeo noticia:
Más vídeos en Antena3
O Blog en Vacacións
Durante os meses de Xullo e Agosto o blog seguirá activo tanto para publicar aquelas novas científicas e de actualidade que considere importantes; así mesmo periódicamente publicarei exercicios resoltos a si como recursos, encamiñados a preparar os exames de setembro das distintas materias estudadas durante o ano.
Deséxovos un bó verán a tod@s. Aproveitade o tempo tanto para descansar coma para seguir formándovos. Un saudo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









