SLIDER

domingo, 4 de diciembre de 2011

Foto do Día



FOTO NASA: TORMENTA SOLAR

Unha tormenta solar é unha explosión violenta na atmosfera do Sol cunha enerxía equivalente a millóns de bombas de hidróxeno. As tormentas solares teñen lugar na coroa e a cromosfera solar, quentando o gas a decenas de millóns de graos e acelerando os electróns, protóns e ións pesados a velocidades próximas á luz. Producen radiación electromagnética en todas as lonxitudes de onda do espectro, dende sinais de raio ata raios gamma. As emisións das tormentas solares son perigosas para os satélites en órbita, misións espaciais, sistemas de comunicación e a rede de subministración.

Por que movemos os brazos ao camiñar?



Resposta: Fai que camiñar sexa máis doado e eficiente.

O típico movemento de oscilación dos brazos desconcertaba os científicos, xa que non tiña ningunha utilidade evidente, o que fixo algúns investigadores suxerir que era unha reliquia evolutiva con pouco ou ningún propósito, herdada de antecesores que andaban en catro patas.

Non obstante, un equipo de investigadores da Universidade de Michigan, en EEUU, e a Universidade de Tecnoloxía deDelft, en Holanda, decidiron determinar exactamente que conseguía mover ou non os brazos ao camiñar.

Os investigadores descubriron que manter os brazos quietos mentres se camiña require un 12 por cento máis de enerxía metabólica que se se moven.

Os achados foron publicados en Proceedings of the Royal Society B, a revista de investigación biolóxica da Royal Society.

Mover os brazos tamén contrarresta o movemento de xiro ou «rosca» que crea o corpo ao mover as pernas por un camiño recto e suaviza o movemento de andar, reducindo o gasto de enerxía dos músculos das pernas.

«Máis que unha reliquia das necesidades de mobilidade dos nosos antecesores cuadrúpedes, o balanceo do brazo é unha parte integral da economía enerxética do andar humano», indicaron os expertos no seu informe.

sábado, 3 de diciembre de 2011

Actividades Interactivas Aparato Dixestivo



No seguinte enlace podedes repasar o Aparato Dixestivo, dun xeito interactivo:


Resposta ao exercicio de daltonismo

O Mércores 30 de Novembro propuxen a resolución dun problema xénico sobre o Daltonismo...aquí tedes a Solución: 


Teorema del Resto...Aplicación

Utilizando el Teorema del Resto (y posteriormente también aplicando Ruffini) obtendremos el valor de un coeficiente de las x en un polinomio... vídeo:



Factorización de Polinomios

La factorización de un polinomio consiste en expresar el polinomio como producto de factores.
En el siguiente vídeo podéis ver la resolución detallada de dos ejemplos sencillos:


viernes, 2 de diciembre de 2011

Día Internacional da SIDA



O Xoves 1 de decembro celebrouse o Día Internacional da Loita contra a SIDA. 

Ésta é unha enfermidade que afecta aos humanos infectados polo VIH. Dise que unha persoa padece de sida cando o seu organismo, debido á inmunodeficiencia provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune axeitada contra as infeccións.

Cabe destacar a diferenza entre estar infectado polo VIH e padecer de sida. Unha persoa infectada polo VIH é seropositiva e pasa a desenvolver un cadro de sida cando o seu nivel de linfocitos T CD4, células que ataca o virus, descende por debaixo de 200 células por mililitro de sangue. 
O VIH transmítese a través dos seguintes fluídos corporais: sangue, seme, secrecións vaxinais e leite materna.

A era da sida empezou oficialmente o 5 de xuño de 1981, cando os CDC (Centros para o Control e Prevención de Enfermidades) de Estados Unidos convocou unha conferencia de prensa onde describiu cinco casos de pneumonía por Pneumocystis Carinii en Los Ángeles. Ao mes seguinte constatáronse varios casos de sarcoma de Kaposi, un tipo de cancro de pel. As primeiras constatacións destes casos foron realizadas polo Dr. Michael Gottlieb de San Francisco.

No seguinte enlace, podedes ver as respostas ás 10 preguntas máis habituais sobre a SIDA:

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Problema de Xenética



Tenta resolver o seguinte problema xénico referido ao Daltonismo (terás que lembrar como é o xen que o determina e onde se atopa aloxado).

Un home e unha muller de visión normal teñen tres fillos: un varón daltónico que ten unha filla de visión normal; unha filla de visión normal que ten dous fillos, un daltónico e outro de visión normal, e unha terceira filla de visión normal que ten todos os fillos de visión normal.
Cales son os xenotipos de avós, fillos e netos? Razoar as respostas.


A resposta...próximamente.

Paso a Paso...Problema 15 del Boletín

Resolución detallada del problema nº 15 del Boletín de Física 4º de ESO.




Aparato Dixestivo e Dixestión (ppt)

Xa podedes descargar ou visualizar o Power Point correspondente á primeira parte do Tema 3 de Bioloxía 3º ESO: "Aparato Dixestivo e Dixestión".