SLIDER

jueves, 26 de abril de 2012

Dorsal Mesoatlántica



É unha cordilleira volcánica mergullada que divide o océano Atlántico ao longo do seu eixe norte-sur. 
A cadea montañosa cobre a parte media da conca oceánica ao longo de 15.000 km a través do Atlántico norte e do Atlántico sur, dende Islandia no norte ata un punto situado a 7 km ao leste do extremo meridional de Sudamérica

A dorsal, que forma parte dunha cordilleira volcánica mergullada que envolve a Terra (cunha lonxitude próxima aos 65.000 km), rompe a superficie oceánica en varios lugares, dando lugar á existencia de sete illas ou grupos de illas, Islandia e As Azores, son algúns exemplos.

Punto Quente (Hotspot)

Os Hotspot, son áreas de actividade volcánica alta en relación aos seus entornos. A diferenza doutras áreas de vulcanismo como as zonas de subducción ou as dorsais oceánicas o vulcanismo dos puntos quentes non está necesariamente asociado ás partes limítrofes das placas tectónicas.

O arquipélago de Hawai, está formado por un destes puntos quentes, situado na zona central da Placa Pacífica. Fixádevos na imaxe (Google Earth)como todas as illas gardan unha relación marcada por unha liña, que indica o desprazamento da Placa Pacífica no seu movemento sobre o manto terrrestre.




De varios

RECURSO TIC...Google Earth

Google Earth é un programa informático similar a un Sistema de Información Xeográfica (SIG), creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imaxes en 3 D do planeta, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta.

É un recurso moi útil para poder entender mellor os conceptos estudados no Tema 9 de Xeoloxía 4º ESO. Déixovos o enlace de descarga, por si non o tedes...xá.




Repaso de conceptos da Dinámica de Placas

En 4º de ESO, estamos a estudar os aspectos máis salientables do movemento das Placas Litosféricas. Ata agora, traballamos conceptos como: Que é unha Placa?, como se moven?, que consecuencias ten ese movemento na superficie terrestre?, e outros...


Como resumo do estudado ata agora, déixovos este vídeo, onde se explican conceptos fundamentais sobre a Tectónica de Placas.


martes, 24 de abril de 2012

Correntes convectivas do Manto

A convección no manto terrestre é un proceso caótico de dinámica de fluídos que parece determinar o movemento das placas tectónicas e, por esa vía, á deriva dos continentes. 

Neste contexto convén ter presente que a deriva dos continentes é só parte do proceso de desprazamento das placas tectónicas, xa que a rixidez destas e os fenómenos de xeración de nova codia que acontecen ao longo dos rifts e de destrución ao longo das rexións de subducción, dan a este un carácter moi complexo.

Para ver unha representación do que ocorre no manto terrestre, mirade isto.


Da Deriva Continental ata a Tectónica de Placas

A Teoría da Deriva Continental, foi a primeira gran Teoría que puña de manifesto o continuo movemento dos continentes sobre un enorme depósito de magma; anos despois unha nova teoría A Tectónica de Placas, perfeccionaba á anterior, explicando o mecanismo de movemento das placas, así como o relevo externo da Terra.


Como un bó resumo, déixovos este vídeo.




domingo, 22 de abril de 2012

Foto do día


Rabuña (araña) custodiando os seus ovos, Maui, Hawái. Fotografía de Darlyne Murawski

Encóntrase só nas illas de Oahu, Molokai, Maui e Hawái. A araña "a cara feliz", vixía os seus ovos sobre unha folla en Maui. 
Esta araña recibe o seu nome polos debuxos que ten por todo o seu corpo. Os científicos cren que serve como mecanismo de defensa.

Tema 9 Xeoloxía 4º ESO: A Tectónica de Placas

Dentro do Tema 9, estudaremos entre outros contidos, a Teoría da Tectónica de Placas, que nos demostra, que a situación actual dos Continentes non foi sempre a mesma, e que no futuro será moi distinta a actual.


Para descubrilo, mirade este vídeo.


O Volcán Popocatépetl (México) entra en erupción


O volcán Popocatépetl, situado no centro de México, emitiu hoxe unha enorme fumarola de vapor de auga e cinza que alcanzou unha altura de dous quilómetros sobre o cráter, informaron as autoridades que supervisan a súa actividade. A columna de vapor e cinza pódese ver dende os estados mexicanos que circundan o volcán, Puebla, Morelos e o Estado de México.

A fumarola é consecuencia de que nas últimas cinco horas houbo doce exhalacións de mediana intensidade que se rexistraron a madrugada de hoxe, segundo o Centro Nacional para a Prevención de Desastres (Cenapred) en México. O Popocatépetl rexistrou 62 expulsións de vapor e cinza nas últimas once horas.

Ademais lanzou fragmentos de material incandescente que...ler máis.

Por que producen enerxía as placas solares?



Segundo explica o catedrático Antonio Ruiz de Elvira, todo se basea na capacidade que os raios solares teñen para 'mover' electróns do seu sitio.

Posto que os electróns se moven caoticamente en torno ao núcleo do átomo en distintas capas, cando unha destas partículas é desprazada cara a outro orbital, tende a volver ao seu estado inicial, liberando enerxía, que se pode 'canalizar'.

Se queres ver a explicación detallada, PICA AQUÍ e entra no vídeo.