sábado, 31 de mayo de 2014
viernes, 30 de mayo de 2014
jueves, 29 de mayo de 2014
Un novo e espectacular cometa achégase á Terra dende os confíns do Sistema Solar
Un novo cometa, denominado C/2012 Panstarrs K1 descuberto o 17 de maio de 2012 polo telescopio de 1,8 m de diámetro Panstarrsdende o cume de Haleakala na Isla de Hawái, poderase considerar ao límite da visión humana e dende lugares moi escuros a mediados do mes de outubro. O cometa desenvolveu unha importante cola e actividade en xeral, dende o seu descubrimento cando apenas era un debilísimo obxecto de magnitude 19,7. Pódese contemplar cuns simples prismáticos a día de hoxe con magnitude visual 8 e na constelación da Osa Maior, polo que é visible dende todo o hemisferio norte. O día do descubrimento o cometa localizábase a 1.301.520.000 km, ou a 8,7 veces a distancia que nos separa do Sol.
Visibilidade
Xusto cando cruce a liña do ecuador celeste entre o 15 e o 16 de setembro, alcanzará unha magnitude visual de 6, polo que se poderá ver como unha tenue nebulosidade a simple vista.
Visibilidade
Xusto cando cruce a liña do ecuador celeste entre o 15 e o 16 de setembro, alcanzará unha magnitude visual de 6, polo que se poderá ver como unha tenue nebulosidade a simple vista.
Achan con vida unha criatura microscópica que se cría extinguida hai 4 millóns de anos
Un equipo de biólogos descubriu con vida en Nova Zelandia unha antiga e diminuta criatura mariña que se cría extinguida dende hai 4 millóns de anos. Coñecido como Protulophila, este novo «fósil vivente» forma unha rede de pequenos orificios nos tubos calcáreos duns vermes chamados serpúlidos.
Os investigadores crían que o Protulophila se extinguiu fai catro millóns anos despois dunha longa historia xeolóxica que se remonta 170 millóns anos no período Xurásico medio en Europa. Pero ao examinar os tubos de vermes almacenados nunha colección de invertebrados do NIWA decatáronse de que estaban equivocados. Eses tubos foron recollidos en 2008 preto de Picton, na Illa sur de Nova Zelandia.
"LA ROJA" da ciencia
Entre os trece integrantes da primeira "selección" española de ciencia están Margarida Salas, bióloga do CSIC e membro da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos; Juan Luis Arsuaga, catedrático de Paleontoloxía e codirector do depósito deAtapuerca; María Blasco, directora do Centro Nacional de Investigacións Oncológicas; Juan Ignacio Cirac, director da División Teórica do Instituto Max Plank alemán; ou Valentín Fuster, do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III.
Tamén Pere Puigdoménech, profesor no Centro de Investigación de Agricultura Genómica do CSIC; o paleontólogo José Luis Sanz, descubridor de oito novos xéneros de dinosauros; o biólogo mariño Carlos Duarte; a investigadora da Universidade Complutense Celia Sánchez; o químico Avelino Corma (galardoado onte co Premio Príncipe de Asturias de Investigación), e o físico Pedro Echenique.
A lista complétana Joan Massagué, bioquímico especialista en cancro, e o bioquímico Juan Carlos Izpisúa.
miércoles, 28 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




