SLIDER

miércoles, 29 de octubre de 2014

A ave que inxire veleno por amor


Os machos da avetarda inxiren veleno por amor. E non é unha esaxeración romántica. Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) descubriu que estes galáns emplumados consumen dúas especies de coleópteros (Berberomeloe majalis e Physomeloe corallifer) que son evitados pola maioría de depredadores polo seu contido en cantaridina, un composto moi tóxico que mesmo en pequenas doses pode matar a maioría dos animais, incluído o home. Non obstante, a estas aves achégalles un dobre beneficio: por un lado, sérvelles para eliminar os seus parasitos internos pero ademais, e isto é o curioso, axúdalles a aparecer máis sans e fortes ante as femias, o que lles permite lograr un maior éxito reprodutivo. É dicir, estes machos automedícanse para resultar máis atractivos.

A cantaridina posúe unha potente eficacia antibacteriana e antihelmíntica, polo que as avetardas, inmunes ao veleno, poden utilizala como medicamento contra as infeccións gastrointestinais provocadas por bacterias, tenias e nematodos, que son frecuentes nestas aves e pode transmitirse por vía sexual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario