SLIDER

sábado, 4 de octubre de 2014

Unha «superlabarada» 100.000 veces máis intensa que as do Sol


O pasado 23 de abril, o satélite Swift, da NASA, detectou a maior, máis quente e máis longa secuencia de labaradas estelares xamais vistas ata o momento nunha anana vermella da nosa veciñanza
O estalido inicial da serie foi máis de 10.000 veces máis potente que a maior labarada solar nunca rexistrada.

"Adoitamos pensar que as maiores labaradas emitidas por unha anana vermella non duran máis dun día, pero o Swift detectou polo menos sete enormes erupcións nun período de menos de dúas semanas", afirma Stephen Drake, astrofísico do Centro de Voos Espaciais Goddard, da NASA.

No seu pico, a labarada alcanzou máis de 200 millóns de graos, máis de doce veces a temperatura que reina no núcleo do Sol.

Esta "superlabarada" produciuse nunha das nosas estrelas veciñas, en concreto nun dos dous membros do sistema binario coñecido como DG Canum Venaticorum, ou DG CVn, a uns 60 anos luz de distancia. As dúas estrelas do sistema son ananas vermellas, con masas e tamaños tres veces menores que as do noso Sol. Ambos os dous astros orbitan un arredor do outro a unha distancia que multiplica por tres a distancia media entre a Terra e o Sol (que é de 150 millóns de km.).

No hay comentarios:

Publicar un comentario