SLIDER

viernes, 5 de diciembre de 2014

O garabato máis antigo da humanidade


Unhas liñas en zigzag marcadas sobre unha cuncha en Indonesia é o gravado abstracto máis antigo da humanidade. Ten 500.000 anos de antigüidade e sorprendentemente non foi feito por un de nós, un Homo sapiens, senón por un dos nosos antecesores, un Homo erectus. É a primeira vez que se lle atribúe semellante habilidade a esta especie extinta. O achado aparece publicado na revista Nature.

Fai 40.000 anos, e probablemente moito antes, os humanos modernos xa pintaban nas paredes de covas de Europa e Indonesia. Gravados ocres máis simples que se encontran en Sudáfrica cunha antigüidade de 100.000 anos e a principios deste ano, os investigadores informaron dun gravado abstracto nunha cova de Xibraltar que foi habitada por neandertales.

Pero ata este achado, ningunha técnica deste tipo fora atribuído ao Homo erectus, antecesor directo dos humanos e os neandertales. A especie xurdiu en África hai uns 2 millóns de anos e desprazouse ata a illa indonesia de Java, antes de extinguirse hai uns 140.000 anos.

O gravado está feito nunha cuncha dunha especie de mexillón de auga doce, que foi recollido na década de 1890 polo paleontólogo holandés Eugène Dubois, nun depósito no leste de Java chamada Trinil. Alí, Dubois descubriu o primeiro fósil de Homo erectus e outros ósos humanos antigos.

"Estamos seguros de que isto debeu ser feito deliberadamente por alguén cun instrumento afiado", di Joordens a Nature. Pero chamalo arte xa é máis complicado. «Se non coñeces a intención da persoa que o fixo, é imposible chamalo arte», explica. Non obstante, «é un debuxo antigo, un xeito de expresarse. Non sabemos que quería dicir a persoa que o fixo, pero quizais podería ter sido para impresionar á súa noiva, esborranchar un pouco, ou para marcar a cuncha como da súa propiedade».

No hay comentarios:

Publicar un comentario