SLIDER

miércoles, 10 de diciembre de 2014

O pai do ADN subasta por catro millóns o seu premio Nobel


Tela 52 anos metida nunha caixa forte foille pouco rendible, así queJames Watson se converteu onte no primeiro gañador do premio Nobel en subhastar a medalla de ouro que recibiu en 1962 polos seus importantes achados sobre o ADN. De paso, coa poxa realizada onte en Christie's, Watson intentará limpar a súa reputación, embazada seriamente hai sete anos por un comentario racista, pois prevé dar parte do diñeiro obtido a institucións de ensino.

Watson gañou o premio Nobel, xunto con Francis Crick e Maurice Wilkins, polo seu descubrimento en 1951 da estrutura en forma de dobre hélice do ADN, o que revelou como os trazos xenéticos se transmiten hereditariamente.

O carácter provocador de James Watson xa se puxo de manifesto nas súas memorias «The Double Helix» (1968), nas que retratou a en ocasións insá rivalidade entre científicos no seu afán por ser os primeiros en alcanzar descubrimentos. Pero foron unhas declaracións realizadas en 2007 a unha publicación londiniense as que causaron maior polémica e xeráronlle un rexeitamento xeneralizado.

«Todas as nosas políticas sociais están baseadas no feito de que a súa intelixencia», dixo entón Watson referíndose aos africanos, «é a mesma que a nosa, mentres que todas as probas din que non é certo». Engadiu que «a xente que trata con empregados negros» sabe que non todo o mundo é igual...Lamentable!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario