SLIDER

jueves, 4 de diciembre de 2014

Os elefantes que habitaron o Ártico



Houbo unha vez en que os mastodontes americanos, parentes extintos dos elefantes actuais, chegaron a vivir nunha área do mundo tan extrema como o Ártico. Aconteceu fará uns 125.000 anos, cando o clima na zona era cálido e existían bosques e brañas dos que poder alimentarse en compañía doutros grandes mamíferos. Isto non durou para sempre. Cando as condicións climáticas empeoraron, hai uns 75.000 anos, o mastododontedesapareceu da zona. Esta é a principal conclusión dun novo estudo publicado na revista Actas da Academia Nacional de Ciencias (PNAS), que elimina os cazadores como causa desa exintinciónlocal. Faltaban milenios para que os seres humanos chegasen a colonizar a zona por primeira vez.

Ao longo de finais do Plistoceno, entre aproximadamente 10.000 e 125.000 anos, o mastodonte americano (Mammut americanum) xeneralizouse e ocupou moitas partes da América do Norte continental, así como lugares periféricos como as zonas tropicais de Honduras e a costa ártica de Alasca. Estes animais alimentábanse de plantas leñosas e vivían nos bosques de coníferas ou outras árbores con pantanos de terras baixas.

«Os dentes de mastodonte eran eficaces pelando e triturando ramas, follas e talos de arbustos e árbores. Polo que parece pouco probable que fosen capaces de sobrevivir nas rexións cubertas de xeo de Alasca e Yukón durante o último período completo dos glaciares, como a datación dun fósil anterior suxerira», explica o paleontólogo Grant Zazula, autor principal do estudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario