SLIDER

jueves, 2 de abril de 2015

A historia xenética máis longa xamais contada


Islandia é un gran laboratorio natural. Esta illa, colonizada no ano 870, reúne tres características que atraeron a atención dos investigadores. 
A primeira, que nos seus 100.000 quilómetros cadrados, a quinta parte que España, albergan unha poboación illada que apenas supera os 323.000 habitantes, aproximadamente o mesmo número de persoas que viven en La Rioja. 
A segunda, que o illamento fai que esta illa poida considerarse o equivalente ás Galápagos que tantas pistas deron a Darwin sobre a evolución das especies. Neste caso, a homoxeneidade xenética dos habitantes de islandia debido ao illamento convértea en banco de datos inigualable para seguir a pista de enfermidades hereditarias e a súa evolución. 
E a terceira, que teñen rexistro escrito de case todo, incluído o primeiro colono que chegou ás súas costas.

"Este traballo mostra como unha poboación pequena, como a nosa, coa xenerosa participación da maioría dos seus cidadáns, pode contribuír ao avance mundial da Medicina e a Ciencia. Neste sentido é moito máis que un selfi molecular nacional. Estamos a contribuír a facer máis precisos os diagnósticos das enfermidades raras, e encontramos novos factores de risco e potenciais dianas terapéuticas para tratar patoloxías como o alzhéimer. Ademais demostramos como o cromosoma Y, o único do noso xenoma que ten unha soa copia, se repara a si mesmo cando pasa de pais a fillos", explica Kari Stefansson, que dirixiu o proxecto. Agora, di, outros países recollerán a testemuña dos seus achados para obter deles "grandes recompensas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario