SLIDER

sábado, 2 de mayo de 2015

I + E = Innovar para Aprender


O queixo que naceu na universidade.

Cando en 2006 aquel queixo cremoso saíu da Aula de Produtos Lácteos de Lugo para aventurarse como artigo comercial en toda regra, os máis avezados predixeron que sería un bombazo. Nove anos máis tarde, as súas previsións cumpríronse. 
O achado da Universidade de Santiago de Compostela fíxose empresa, Innolact, que acabou 2014 cunha facturación de 6,5 millóns de euros coa súa marca Quescrem. O nome non engana: queixo de untar. A novidade inicial: a súa elaboración con soro da manteiga.


Aquela aula universitaria foi o embrión dun proceso que permitiu a Innolact producir dende a súa fábrica, situada en Castro Riberas de Lea (Castro de Rei, Lugo), ata 50 referencias distintas que se comercializan en máis de 35 países. “A innovación é fundamental no proxecto, pero tamén a internacionalización”, analiza o seu director adxunto, Carlos López Mosquera.


Tras as perdas dos tres exercicios nos que aínda non se comercializaba o novo queixo, a partir de 2010 comezouse a compensar o déficit. A empresa vai vento en popa. A previsión para 2015 pasa por alcanzar os 7,2 millóns de euros de facturación, case un 11% máis que o pasado ano.

Ademais da innovación e a comercialización, a personalización do produto, o traballo á medida para sectores industriais que requiren un queixo moi específico, é outra das claves do éxito de Quescrem. E a cuarta sería a calidade da materia prima de Galicia. “Temos a mellor do mundo, pero fai falta poñela en valor, ofrecer máis e mellor”, propón López Mosquera.


No hay comentarios:

Publicar un comentario