SLIDER

viernes, 22 de mayo de 2015

Pozo de Darvaza (Turkmenistán)


Coñéceselle tamén como A porta ao inferno por cuestións máis que obvias. Este cráter encóntrase no gran deserto de Karakum(Turkmenistán) e é froito dun accidente provocado cando xeólogos soviéticos trataban de extraer gas natural en 1971. Naquel momento pensaron que tardaría uns días en pecharse, pero o certo é que xa leva máis de catro décadas así.

O accidente produciuse porque na zona onde traballaban había unha cova subterránea chea de gas natural que nos anos 80 alguén, por razóns descoñecidas, prendeu lume. Dende entón permanece dando un impresionante espectáculo.

Foto: (Flickr - Tormod Sandtorv)

No hay comentarios:

Publicar un comentario