SLIDER

martes, 26 de mayo de 2015

A Orixe e Evolución da Vida. Tema 8 Bioloxía 4º ESO

Nas ciencias naturais, a orixe da vida na Terra relaciónase coa teoría da abioxénese no sentido moderno que se lle dá enciencia a este termo, e que estuda o como e o cando a vida apareceu e se desenvolveu na Terra e, hipoteticamente, noutros lugares do universo coñecido, a partir do big bang (datado hai 137.000 millóns de anos) até os nosos días.

A cuestión da orixe da vida na Terra xerou nas ciencias da natureza un campo de estudo especializado cuxo obxectivo é dilucidar como e cando xurdiu. A orixe da vida na Terra, a partir da materia inerte, pódese datar, cos coñecementos actuais, nun período comprendido entre hai uns 4.400 millóns de anos, cando se deron as condicións para que o vapor de auga puidera condensarse por primeira vez, e permanecer en estado líquido na superficie terrestre, e hai uns 2.700 millóns de anos, cando apareceron os primeiros indicios de vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario