SLIDER

martes, 15 de diciembre de 2015

Crean novos métodos para facer azucres ou biocombustible coa palla de cereal


A industria agroalimentaria enfróntase ao reto de xestionar os seus residuos e faino, entre outras liñas de actuación, buscando a través da I+D novos usos para os subprodutos que xera. É o caso da palla de cereal. 
Os cambios nos usos dos terreos agrícolas, máis orientados actualmente á obtención de alimentos e de biocombustible, traen consigo a necesidade e a oportunidade de aproveitar os residuos de cultivos de cereais como o trigo, a cebada ou a avea. Investigadores da Universidade de Vigo colaboran nun proxecto da Universidade de Córdoba que traballa na obtención de nanofibras de celulosa, actualmente obtidas principalmente de especies madereiras, destes residuos agrícolas.

Segundo comenta Rodríguez Pascual, “a palla do cereal ata o de agora empregábase para alimentar o gando ou se desbotaba no campo, en ocasións por medio de pequenos lumes controlados”. 

O procedemento desenvolvido durante a investigación parte dun proceso ambientalmente favorable, ao empregar sosa a presión atmosférica. Así obtéñense fibras celulósicas por un lado, que se utilizarán para a obtención de lignonanofibras de celulosa (con aparencia de xel), e o licor negro, rico en lignina, por outro. 
Os investigadores están obtendo lignonanofibras de celulosa mediante procedementos mecánicos, enzimáticos e por oxidación TEMPO, partindo da pasta celulósica sen branquexar, o que implica un menor custe económico e ambiental respecto a outras nanofibras que se obteñen mediante un proceso previo de branqueamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario