SLIDER

martes, 1 de diciembre de 2015

Logran recrear a «sopa primordial» de materia tras o Big Bang


O LHC non deixa de ser noticia. O acelerador máis poderoso do mundo, cos seus 27 quilómetros de circunferencia e os seus centos de poderosos imáns, fixo chocar onte núcleos de chumbo á maior enerxía xamais conseguida ata o momento. O pasado verán, o gran colisionador de partícuas xa logrou un record enerxético na colisión de protones, pero isto é moi diferente. 

O obxectivo destes experimentos é comprender un pouco mellor as propiedades da materia apenas uns instantes despois do Big Bang, cando no Universo nacente as interaccións entre partículas producíanse a uns enormes niveis de enerxía que, ata agora, foran imposibles de alcanzar nun laboratorio.

Xusto ao principio, é dicir, a poucas milmillonésimas de segundo do instante do Big Bang, o Universo estaba feito dunha «sopa primordial» de partículas fundamentais (especialmente quarks e gluones) extraordinariamente densa e espesa. É dicir, nun estado chamado «plasma quark-gluon» ou QGP, polas súas siglas en inglés. 

Pero ese estado inicial da materia, cando os quarks e os gluones viaxaban libremente polo Universo recentemente nado, pódese recrear en laboratorio. E iso é precisamente o que os físicos conseguiron neste experimento no LHC, durante o que se conseguiron as maiores temperaturas alcanzadas ata agora nunha colisión de iones de chumbo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario