SLIDER

domingo, 24 de enero de 2016

O test que che dirá se podes ser astronauta



Se algunha vez soñaches con chegar ata as estrelas a bordo dun transbordador camiño da Estación Espacial Internacional ou, mesmo, pisar a Lúa emulando a Neil Armstrong, hoxe é o teu día de sorte grazas á Axencia Espacial Europea (ESA). 
E é que, aínda que esta organización non pode garantirche unha viaxe cara ao firmamento, acaba de idear un xogo en liña (e gratuíto) para que vaias perfeccionando as túas habilidades e, chegado o momento, sexas seleccionado como o seu seguinte astronauta. 
Á súa vez, esta aplicación permitirache saber se posúes as calidades necesarias para presentarche ás probas.


Podes probar este programa seguindo esta ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario