SLIDER

sábado, 2 de enero de 2016

Unha pataca para facer un cultivo en Marte


O Centro Internacional da Papa (CIP), en Lima, en colaboración coa NASA, quere recrear as condicións de Marte para desenvolver a tecnoloxía necesaria coa que cultivar patacas para alimentar aos futuros astronautas.

O proxecto, en realidade, está a metade de camiño entre as relacións públicas, a astrobiología e a tecnoloxía agraria. O pai da idea foi Will Rust, director creativo da axencia publicitaria Memac Ogilvy en Dubai que propuxo o plan marciano para chamar a atención sobre a necesidade de producir especies de pataca resistentes ás condicións ambientais máis duras para combater a fame no mundo. Ademais de ter interese para futuras misións espaciais, a iniciativa axudaría a atopar técnicas para mellorar a produción de patacas en situacións extremas tamén na Terra.

O chan de Marte ten contidos que resultan tóxicos para as plantas. Os percloratos, por exemplo, son o tipo de sales que fan posible que a auga flúa sobre o planeta a temperaturas baixo cero, pero habería que reducir a súa presenza para que alí crecesen vexetais terrestres. Máis adiante, será necesario que os científicos se preocupen por outros aspectos, como o efecto da gravidade en Marte, un terzo da terrestre. Esta circunstancia modifica as condicións do intercambio de gases como o dióxido de carbono e o osíxeno na planta e faría que crecesen máis amodo. Doutra banda, a maior cantidade de CO2 na atmosfera incrementaría a produción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario